O candidato do PSOE á alcaldía de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, asegurou que durante este mandato “esperaba un pouco máis de xestión” dun goberno tripartito “que apostou polas receitas de hai trinta anos”.
Criticou a falta duns orzamentos anuais, a perda de subvencións, o problema para o cobro das nóminas por parte dos traballadores e “a falta de capacidade para chegar a acordos coa oposición , pasando o rodillo duramente”.
Personal municipal e Polígono Industrial
Entre as prioridades do candidato socialista está chegar a un acordo de mínimos co personal municipal para un mellor funcionamento da administración ou un estudio de viabilidade do Polígono Industrial, entre un programa cunhas sesenta medidas.
“Somos a única alternativa que pode modernizar o concello de Val do Dubra” sentenciou Díaz nesta entrevista na que se amosou esperanzado cos resultados electorais. “Sinto que a xente respalda o noso xeito de facer política con crítica e tamén con propostas”.