26.2 C
Santa Comba
martes, junio 6, 2023

“Collemos un concello que estaba paralizado, con facturas sen pagar e cousas pendentes. Activamos proxectos e puxemos as contas ó día»


José Manuel Varela Ferreiro participou nunha entrevista para a nosa plataforma de contidos que se pode ver completa no vídeo.

P-Que balance fas deste mandato?

R-Foron catro anos complicados pola pandemia. Pero fago un balance moi positivo. Collemos un concello que estaba moi paralizado, con facturas sen pagar e cousas pendentes. Activamos proxectos e puxemos as contas ó día.

P-Que destacas no eido dos servizos Sociais ?

R-Triplicamos as horas de prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Estamos nas 21.000 horas.Implantamos o Servizo de Atención Temperá e temos 21 usuarios. E tamén se puxo a andar o programa Xantar na Casa ou Madrugadores.


Acabamos de anunciar unha Aula de tratamento preventivo de Alzhéimer que penso que é un luxo para Val do Dubra. A octava aula que se crea en Galicia estará no noso concello. Son algúns exemplos.

P-Fálanos algo de obras


R-Había moita obra paralizada. Non tiñamos orzamento e houbo que poñer todo ó día. A día de hoxe temos activados uns catro millóns de euros en obras e manexamos un orzamento duns sete millóns de euros sen incorporar a última axuda da Unión Europea de 2,5 millóns de euros.

P- Un dos proxectos nos que están poñendo maior énfase é o do tan falado Polígono.


R-Escoitamos falar do Polígono Industrial desde hai máis de 20 anos. Desde os tempos de Juan Baleato non se deu ningún paso.


Fixemos unha taxación do solo. Consignamos unha partida orzamentaria. Estamos coa fase de expropiación e agardamos poder tomar posesión da propiedade nos vindeiros meses. Unha vez teñamos os terreos xa temos o proxecto constructivo. Xa construimos a depuradora e iniciouse a construción do viveiro de empresas para acoller os primeiros emprendedores. Imos seguir traballando.

P- Tamén se vai a actuar na zona da Telleira


R-A Telleira é un símbolo. Este goberno xestionou e adquiriu a propiedade que era privada. E temos un proxecto. Queremos recuperar o patrimonio e habilitar un centro socio-cultural para os veciños. Xa temos financiamento.

P- Por onde hai que traballar de cara o futuro?


R-Temos unha poboación moi envellecida. É esencial fixar poboación e para isto é fundamental crear postos de emprego. Por iso impulsamos o Polígono Industrial. Seguir incrementando os Servizos Sociais. Acabamos de adquirir unha furgoneta para os traslados da xente maior. E estamos traballando na liña de ter unha Residencia e xa presentamos unha proposta ao Consorcio Galego. Xa temos os terreos e tres millóns de euros de remanente. Se o pobo considera que temos que seguir outra das prioridades vai a ser facilitar solo para construir vivenda a un prezo asequible.

P- Consideras que a xente aproba a vosa xestión?


R- Eu penso que a xente aproba o que fixemos. É certo que investimos moito tempo en proxectos de calado que condicionarán o futuro do concello. E a xente valora iso.Estou satisfeito e preparado para seguir traballando.


E seguimos. Un exemplo son os case 2,5 millóns de euros conseguidos para unha senda ciclo-peonil que unirá Bembibre e Portomouro. Cando presentamos o proxecto parecía un soño pero fíxose realidade.O final o traballo da resultado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos