11.7 C
Santa Comba
sábado, noviembre 2, 2024

Miguel Pérez: ”Santa Comba necesita un cambio e non pode seguir da mesma maneira”

O ex-alcalde de Santa Comba, Miguel Pérez Fernández, regresou á política e concedeu a súa primeira entrevista no noso espazo “A Trencha” da canle de youtube Adiante TV. Asegura que o Partido Galego ten a ilusión e a capacidade necesaria e engade a súa experiencia como alcalde.

«Santa Comba, un pobo cada día máis apagado»


Asegura que se sinte “cómodo” co ideario do Partido Galego e que non se pon límites en canto a obxectivos electorais:“Temos que traer a Santa Comba ilusión e esperanza. Temos sensacións positivas e aspiramos a todo”.


A situación do concello xustifica o seu regreso: ”Santa Comba é un pobo que cada día que pasa está máis apagado, en franca decadencia e cun presente preocupante. E non pode perder máis tempo”.

“Un plan realista” para recuperar poboación

Miguel Pérez anuncia que ten “un plan realista” con medidas para que o concello recupere os 12.000 habitantes. Ten claro que “un pobo é rico se ten xente”.


Percibe outras eivas históricas:“Temos un atraso moi importante nas infraestruturas e equipamentos. Santa Comba quedou olvidada das inversións”.Nesta conversa manifestou que é algo “irrenunciable “ a estrada Portomouro- Santa Comba.

Sobre pactos e conversas post-electorais non quere limitarse:”A política de pactos tratarase desde o ámbito do propio Partido Galego aínda que temos un grao de autonomía, pero non quero poñer límites”.


Pero advirte que ten algo claro:”Santa Comba ten que saír desta atmosfera de pesismismo e resignación, cunha mensaxe de ilusión. Necesita un cambio e non pode seguir da mesma maneira.Necesita unha transformación radical da súa situación actual”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos