9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Patricia Val: “A lacra que vexo neste concello é que non se planifica nada”

Patricia Val Antelo ocupará o terceiro posto na candidatura do PSOE, liderada por Alberto Romar. Xa ten experiencia política, tanto na oposición coma no goberno.


“A política gústame desde pequena” sinala. Ten claro que é “un campo onde aprendes e poder levar a cabo un traballo polo teu pobo”.

Valora o liderado participativo e maduro de Alberto Romar

Nunha entrevista no espazo “A Trencha” de Adiante Galicia asegurou que unha das mellores lembranzas que ten da anterior etapa política foron os traballadores municipais cós que se relacionou, ós que definiiu como “xente fenomenal e moi profesional”.


O peor recordo foi unha petición que non se chegou a materializar: “Acabamos de gañar as eleccións e pediúseme que renunciara a acta sen motivo”.


E falou das que persoas que encabezaron os últimos proxectos do PSOE. Por unha banda o anterior, José Antonio Ucha, que foi “moi autocrático e militarista” e o de Alberto Romar “moi participativo e maduro”.

Un concello estancado e sen planificación

Sobre a situación política municipal opina: “Santa Comba está estancada”. Considera que “hai moitas necesidades” pero sobre todo hai “falta de educación e empatía”.


Apuntou tamén que “a lacra que vexo neste concello é que non se planifica absolutamente nada”.


E, entre outras cousas, reflexionou sobre os medios de comunicación municipais: “A xestión dos medios de comunicación non me parece a correcta. Os medios non son para facer propaganda”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos