26.2 C
Santa Comba
martes, junio 6, 2023

“Con máis apoio seremos capaces de facer máis cousas e dunha maneira máis rápida”

“Cun goberno de tres persoas sacamos adiante proxectos que non sacaron gobernos con maiorías absolutas” Así se podería resumir unha parte da entrevista con Iago Toba en Adiante Galicia.

“Subimos un 500% a partida de Servizos Sociais”

O alcalde de Muxía fixo balance do mandato, destacando o proxecto de abastecemento de auga a Suxo, a Gardería Infantil, a estrada de Touriñán, e a comunicación entre Lago e Leis.

“Subimos un 500% a partida de Servizos Sociais” engadiu, valorando tamén a mellora das condicións laborais de traballadores municipais e a aposta polos núcleos rurais.


Non quixo obviar o remanente positivo de 2,8 millóns de euros co que conta o consistorio.


Máis fondos para o abastecemento de Suxo


Nesta entrevista no espazo “A Trencha”, Toba anunciou que o goberno presentará no vindeiro pleno unha proposta de execución da segunda fase do abastecemento de Suxo cun orzamento de preto de 250.000 euros. E tamén que se presentará un proxecto para adecentar un espazo exterior na Escola Infantil.

Toba busca estabilidade para gobernar


“Quero ter unha estabilidade política que me permita facer todo o que temos previsto” manifestou o mandatario.


Non se esqueceu da tormenta política vivida:“Quixeron facerme a cama e encontraron cómplices tanto no PP como no BNG. Houbo e hai unha estratexia maquinada.A oposición chegou a tirar abaixo a gardería e un plan de emprego”.


Ten claro que “con máis apoio seremos capaces de facer máis cousas e dunha maneira máis rápida”. E está contento coa “resposta social positiva” que está xerando Cos nomes da candidatura do PSOE que xa se coñecen.


E con respecto a oposición pensa que “xa empezaron a vender os votos” e que quedaron “solapados por outro partido” apoiado “polos que ampararon a crispación”.Referiuse a unha candidatura independente cun candidato “que se censou fai apenas un mes”.


Todo o contido da entrevista neste vídeo de Adiante TV

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos