AVANCE DA ENTREVISTA QUE DIFUNDIREMOS DESDE AS 20H .
O alcalde de Muxía, Iago Toba, asegura que o seu grupo votará ao seu candidato na sesión de investidura, que non pactarán e advirte que as demáis opcións política sí o farán porque “Que ninguén se leve a engano, En Muxía o pacto entre as forzas da oposición está feito”.
Nunha longa entrevista que difundiremos completa concedida a Adiante Galicia, Toba afirma:
“A persoa que vaia a votar a candidata do Partido Popular ten que saber que eses votos posiblemente sexan vendidos. E se vota aos Independentes ten que saber que eses votos posiblemente sexan traficados. E as persoas que nos voten a nós teñen que saber que imos a presentarnos nós e non imos a pactar. Faremos o que nos digan a xente. Non lle imos a dar a alcaldía a nadie”.
O alcalde muxián que aspira a conseguir unha nova maioría absoluta ten claro que “Aquí hai dous partidos. O do goberno e dos que queren unirse para tirar ao goberno”