13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

“É importante que as decisións non as tome unha soa persoa para que non pasen cousas como as que pasaron”

Tal é como avanzamos no noso Podcast, Estefanía Calvelo Muñiz regresa a política e xa forma parte do equipo de Alberto Romar ao que define como “unha persoa con ganas e traballadora”.

Lembra a súa marcha da política: ”Cando dixen que daba un paso atrás non era un punto final pero que terían que cambiar moito as cousas”. E cambiaron.

“Actuacións vergonzosas”

Da experiencia pasada opina que “non foi fácil, foi unha experiencia intensa e moi mellorable”. Sobre o acontecido nesta lexislatura deixa unha frase:”Dúas persoas que dicían que eran do PSOE regaláronlle a alcaldía ao Partido Popular. Estas actuacións tan vergonzosas non deben de ocurrir”.

Valora o traballo en conxunto:”É importante o traballo en equipo e que as decisións non as tome só unha persoa para que non pasen cousas como as que pasaron”.

Critica “a total falta de transparencia e a paralización” que vive o concello de Santa Comba con “falta de servizos e cunha necesidade de optimizar os que existen”.

Estefanía Calvelo afirma: ”Estamos cansados de conflitos, queremos propostas e alternativas para Santa Comba. É necesaria unha maioría absoluta para o PSOE”.

“Imos a facer as cousas de maneira diferente”

Para esta muller é fundamental unha maioría:”Cando non hai esa estabilidade, as mocións de censura e as tensións fan que un goberno non poda levar os seus proxectos a cabo”.

Na entrevista no Podcast A Trencha, Calvelo tamén enumerou diferentes necesidades que percibe no municipio, como mantemento de vías e edificios públicos, dinamizar o turismo “que está totalmente olvidado en Santa Comba”, servizos para as persoas maiores, ou máis solo industrial.”Non necesitamos notas de prensa. Necesitamos compromiso e axudas para os emprendedores”.

Pide ós xalleiros que escoiten a proposta do PSOE porque “imos a facer as cousas dunha maneira diferente”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos