15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Alberto Romar: ”As miñas siglas principais son Santa Comba pero estou orgulloso de ser o candidato do PSOE”

O candidato socialista á alcaldía de Santa Comba, Alberto Romar considera “unha necesidade” presentarse ás eleccións xa que “todos vemos que Santa Comba non avanza, hai deficiencias no núcleo e nas parroquias, ás que non se está dando resposta desde o goberno municipal”.

Situación de Radio Xallas

Criticou a “falta de transparencia deste goberno” e denunciou situacións como a que está vivindo Radio Xallas “unha radio que funcionaba perfectamente e duns meses para aquí cámbiase toda a organización, pasa a ser director Víctor Furelos de El Correo Gallego e apártase a unha persoa que facía un traballo incrible (en alusión a Xosé M. Lema) estando contratado 25 horas semanais” para “branquear a imaxe da señora alcaldesa”.

Para Romar non é normal esta decisión do goberno do PP:”O asesor da alcaldesa non pode facer as entrevistas a políticos. Hai moitísima xente que escoitaba a radio”.

«Chegou o momento de que os traballadores perdan o medo»

Na segunda edición do programa “A Trencha”, o candidato socialista denunciou ameazas desde a alcaldía a traballadores e lanzou unha mensaxe:”Chegou o momento de que os traballadores perdan o medo”.

A entrevista completa pode verse aquí

Falta de xestión e de investimentos

Recriminou tanto a alcaldesa María Pose coma ó ex-alcalde David Barbeira a falta de xestión no tocante a necesaria ampliación do Polígono Industrial e bota en falta un maior compromiso da Xunta, por exemplo, con respecto a vía Santa Comba-Portomouro, coa pequena cantidade orzamentaria que aparece nos orzamentos:”Foi unha sorpresa ver 750.000 euros nos orzamentos, cando o 1,9 km que fixeran custou 4,2 millóns de euros”.

Obxectivo, a maioría absoluta

Confía en chegar a alcaldía pero comprométese a traballar se queda na oposición:”E obrigatorio gañar unha maioría absoluta, catro anos máis de goberno do PP ou dun bipartito poden ser irremediables para Santa Comba”.

Promete que os socialistas irán “casa por casa” para coñecer todas as inquedanzas veciñais, e recuperar xente que “axudaron moitísimo ao PSOE pero co antigo candidato(Ucha Velo) non sentiron recíproca esa axuda”.

“Somos un grupo amplo e imos gobernar para todos” engadiu Romar que deixou outro titular nesta conversa ”As miñas siglas principais son Santa Comba pero estou orgullo de ser o candidato do PSOE”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos