O candidato do Partido Socialista á alcaldía de Santa Comba, Alberto Romar, será o protagonista do segundo programa do espazo de entrevistas “A Trencha”, que se emite desde a plataforma de contidos Adiante Galicia a través da canle de vídeo Adiante TV (Youtube), con podcast en Ivoox, Spotify e Anchor e difusión a través de Facebook, Twitter e Instagram.
Será a primera entrevista de Romar nun medio de comunicación como candidato á alcaldía, e na mesma falarase de distintos temas relacionados co concello de Santa Comba.
Podes suscribirte a nosa canle de Youtube (é gratis e sinxelo) desde este enlace para non perder todos os programas que se emitirán nestas vindeiras datas.
A entrevista a Alberto Romar emitirase este domingo de outubro ás 21h desde Youtube, e posteriormente compartirase o podcast e o vídeo nas redes sociais.
O primeiro convidado da “Trencha” foi o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro.
Desde Adiante Galicia- Adiante Diario queremos agradecer o traballo feito polo deseñador Tomás Rodríguez Narciso e tamén todas as mensaxes recibidas nas últimas horas por esta nova iniciativa que pretende incidir na vocación de información plural que preside o noso medio desde a súa posta en marcha, en 2014.