12.5 C
Santa Comba
jueves, abril 17, 2025

“Buscamos consensuar os proxectos cos veciños respectando a todo o mundo”

// A Trencha, novo programa de entrevistas en Adiante TV( Youtube) e con Podcast en Spotify e Ivoox//

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco Riveiro, foi o primeiro convidado no espazo de entrevistas “A Trencha” que Adiante Galicia difunde a través da súa canle de Youtube Adiante TV, e tamén de respectivos podcast en Ivoox e Spotify.

Nesta primeira entrevista Juan Blanco fixo balance da lexislatura, e falou de investimentos, e proxectos como a Residencia, a Senda do Xallas, da problemática dos parques eólicos, de turismo, das vindeiras eleccións municipais, entre outros temas.

ENLACES PROGRAMA A TRENCHA 01

ENLACE YOUTUBE
ENLACE IVOOX
ENLACE SPOTIFY

Parques eólicos: respecto e prezos xustos

Sobre a problemática eólica, Blanco sinalou que “asentamos as bases á hora de dirixirnos ás empresas eólicas” e deixo claro que :

“Queremos que nos respecten e se algo ten que facerse debe ser cun prezo xusto. Ten que haber negociación e se non hai acordo temos que defendernos”.

Avanzando coa Residencia de Maiores

Adiantou que agarda que a principios de ano estea adxudicada a Residencia de Maiores de Pino de Val.

Nestes momentos “estamos rematando os pregos”. Destacou o mandatario que a desafectación demorouse casi un ano.

Esta Residencia primará a contratación de persoal do municipio e tamén terá descontos para os residentes en Mazaricos.

Será unha continuidade a política no eido dos servizos sociais. “Temos tres Casas do Maior, triplicamos a inversión en Axuda no Fogar e temos actividades nas parroquias” engadiu Blanco.

Traballo e débeda cero

Na conversa explicou que “foi unha lexislatura de moitas inversións” por parte dun concello saneado:”Temos débeda cero”.

Puxo en valor o cambio de luminarias no concello, as obras realizadas, o proceso de estabilización dos traballadores levado a cabo, ou a xestión no eido do turismo.

Entre os proxectos nos que se está a traballar está a construción dun novo depósito de auga, a Senda do Xallas ou o edificio de Protección Civil.

Consenso veciñal

“Somos moi tranquilos e buscamos consensuar os proxectos cos veciños respectando as posicións políticas de todo o mundo. Temos un grupo de goberno moi cohesionado” afirmou Juan Blanco.

Agradeceu o apoio do seu equipo de goberno:”Son concelleiros fieis, que miran polo interese dos veciños. Non podo pedir máis e conto con eles”.

Candidatura do BNG de continuidade

Deixou claro que conta con eles para unha próxima candidatura pero matizou: “Hai xente que traballa con nos fora das listas. O importante e o apoio que temos día a día “.

O alcalde de Mazaricos insistiu que fai “unha xestión para todos” á marxe das ideoloxías políticas, sendo consciente que unha parte do electorado que o apoia non procede precisamente do seu partido, o BNG.

Volverá a presentarse para promover distintos proxectos.

Non te perdas as entrevistas da Trencha. Suscríbete gratis á canle de Youtube AQUÍ e recibe as alertas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos