6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Milar Sampedro, confianza e grandes marcas

Electrodomésticos Milar Sampedro é un establecemento asentado na sociedade de Santa Comba desde fai anos o que certifica a confianza nos consumidores pola súa tradición e proximidade.

 
Recentemente dou un paso adiante máis no mundo da telefonía móbil coa incorporación ao seu catálogo de servizos a unha compañía punteira, Orange. Desde Orange Santa Comba xestionan altas de liña, portabilidades, tarxetas prepago, duplicados de tarxeta por perda e solicitudes de alta en ADSL.

 
Tamén ofrecen terminais libres de todas as marcas e con garantía de dous anos. Ademais en Milar Sampedro traballan con outras operadores como Tuenti, que destaca polas súa tarifas de baixo prezo e MásMóvil que se acaba de converter na cuarta operadora nacional ao adquirir Yoigo.

 
Isto permite que un cliente que se achegue a tenda ubicada na rúa Alfonso Molina, 99, de Santa Comba-(tlf 981881183), poida encontrar o modelo de móbil ou a tarifa que máis de axeite as súas intencións.

 
Amplo catálogo e servizo propio

 
Pero Milar Sampedro non abandonou unha das súas grandes fortalezas.O amplo catálogo de electrodomésticos: Televisións,lavadoras,neveiras, aspiradoras, etc… Os seus produtos teñen dúas cuestións que reforzan a súa importancia. A empresa conta cun servizo técnico propio que se encarga tamén da entrega a domicilio e da retirada dos aparellos antigos para a súa posterior reciclaxe segundo a normativa, polo que se aforran molestias innecesarias ao consumidor.
 
 
Esta atención personalizada adquire maior relevancia coas continuas ofertas, como é o caso da campaña “Adelántate a la Navidad” onde xunto con ofertas concretas tamén hai agasallos.
 

Con cada produto do catálogo de novembro, entrégase directamente e sen sorteos, unha paleta. Un exemplo das campañas deste establecemento que tamén prepara unha potente Campaña Black Friday entre o 21 e o 27 de novembro.E se Milar Sampedro conserva a mellor tradición da atención personalizada e do servizo técnico propio, tamén están de cheo nas novas tecnoloxías e nas redes sociais Facebook, Twitter e Youtube.Recentemente estreábase a páxina de Facebook de Orange Santa Comba. Todo un pasado e un presente que confirman a competitividade deste establecemento.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos