10.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 10, 2024

Jesús Gómez, un loitador polos dereitos e os soños

Jesús Gómez Antelo, secretario sindical do SIT (Syndicat interprofessionnel de travailleuses) de Xenebra é o protagonista desta «Conversa na Encrucillada» e deste artigo.

Escoita a entrevista

Xosé Manuel Lema

Jesús Gómez Antelo é a historia dun home con inquedanzas políticas que abriu o seu camiño en terras estranxeiras, ata acabar tendo dúas almas, unha galega e outra suíza.Pero este veciño de O Carballal, na parroquia xalleira de Vilamaior é tamén o testemuño de toda unha xeración de emigrantes galegos. Jesús é un libro aberto, coas tapas curtidas polos problemas dos temporeiros e doutros traballadores; e polas horas de lecturas do “código de obrigacións”.

Como nos conta, deixou con pena unha terra, na que estaba incómodo polos seus ideais anarcosindicalistas, e marcado polas súas actividades clandestinas na CNT. Afectado polo feito “de que a xente puidese ser fusilada polas súas opinións”. Despois dalgunhas experiencias que narra na entrevista, este xalleiro acabou nos locais dun sindicato cristián, que foi o xerme da organización, á que aínda pertence hoxe en día, o SIT, sindicato interprofesional de traballadores, localizado no cantón de Xenebra.Negocia convenios colectivos, defende traballadores, axuda con xestións e non perde a súa esencia de activista.

Jesús Gómez é a crónica viva de moitas pequenas loitas:”Un sindicalista ocúpase máis ben do día a día aínda que iso non dá gloria”. Nestas trincheiras sociais o peor é a soidade:”Un sindicalista non pode sufrir só”.Tivo un protagonismo especial no caso das “pensións esquecidas”, que permitiu a traballadores galegos e portugueses de parques e xardíns cobrar un diñeiro que non sabían que lles pertencía. Grazas á iniciativa de Gómez, o asunto chegou nos anos 90 ao programa “Quién sabe donde? de Paco Lobatón.

Jesús está repleto de vivencias e anécdotas. E segue forxando a súa propia biografía nuns tempos, que desde o seu punto de vista, non son os idóneos para buscarse o pan en terras helvéticas, aínda que é consciente da crise que se vive no estado español. Alí coñeceu a outro xalleiro(de Grixoa de Esternande), amigo e alumno aventaxado, Xosé Abelenda, do sindicato Unia.

Sobre todos estes temas sindicais e sociais, sobre Santa Comba, Galicia e distintos asuntos fálanos nesta entrevista que sen ningunha dúbida merece a pena escoitar.Reflexións dun loitador de O Carballal. O sindicalista da gorra.

@AdianteGalicia

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos