3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

A longa pegada de Gamallo e os pedreiros de montes

A longa pegada de Gamallo e os pedreiros de montes

Reportaxes | Publicada: 15/01/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
17
2
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 14 minutos e 42 segundos.

Despois da reportaxe sobre "Manuel Gamallo, o mestre canteiro da Ponte do Porto" de Rafael Lema Mouzo, ofrecemos a segunda parte do mesmo baixo o título de "A longa pegada de Gamallo e os pedreiros de montes".

Acceder a primeira parte neste enlace

"A longa pegada de Gamallo e os pedreiros de montes"

Os mestres pedreiros da terra de montes coma os Gamallo deixaron unha escola longa na zona de Ponte do Porto. Canteiros históricos que deixaron pegada na volta (Carnés, A Ponte, Cereixo, Carantoña) foron os Gamallo, Pedro Pérez, Roque Figueroa, Ignacio e Luís Figueroa, Basilio e Florencio Bello, Gerónimo Núñez, Pedro Caramés. Son collas cun mestre de obra que conta con axudantes, aparellador, canteiros, mamposteiros, albaneis. As veces tamén con carpinterios, escultores, pintores. Desaparecidos os templos porteños, a igrexa de Carnés, de destacada calidade artística e estilística, conserva obras de importantes artistas galegos. Fachada, torre e recomposición do vello templo para darlle a feitura actual, son da man do mestre Manuel Gamallo, de Ponte do Porto.

Dentro temos un retablo maior de Castro Agudín. Dous colateriais de Joseph Malvárez. A cruz de prata de Diego de Guzmán. Por desgraza a igrexa barroca parroquial, con restos románicos, de Ponte do Porto foi derrubada no 1954 e tamén a capela renacentista de San Roque. Conserva un rico legado de imaxinaría e prata. Carnés foi sempre terra de canteiros, como Ponte do Porto e Carantoña. Nesta última parroquia estaban as canteiras de mellor pedra, aínda que moitas obras se fixeron con pedra do sitio (santuario da Barca de Muxía, faro de Camariñas, parroquial de Berdoias). Carnés con todo mantivo en pé as dúas derradeiras collas de pedreiros ao xeito antigo, no século XX, cos seus recordados mestres. Os últimos canteiros de Carnés traballan aínda de modo ancestral no 1950-70. Son os pedreiros do Zoco e do Mantido. Terminarán as últimas grandes obras: torres do santuario da Barca, cementerios de Vimianzo e Camelle, igrexa de Vimianzo. Unha é a colla do Mantido, Manuel Pérez Pazos. Con el traballan Rafael Lema Castro, Manolo e Alejandro da Calle (Ferrín), Manolo da Cacharosa. O seu fillo Pepe do Mantido. Desde 1944 aparecen traballando para igrexas de Nemancos. No 1959 hai unha escisión por mor da tarea das obras na Barca. O Mantido incorpora a canteiros de Matío, Traba. Logo seguirá en Fisterra. Manuel Pérez Pazos, o Mantido de Carnés, e o seu fillo José, restauran no 1961 o templo de Caberta-Muxía. Manuel Pérez traballa no 1944 en Cereixo. Podemos dicir que son a última colla de pedreiros históricos de Nemancos e Soneira. Herdeiros dunha tradición milenaria.

Os primeiros canteiros chegan a zona na Idade Media para traballar para os promotores dos primeiros templos, os monxes bieitos. Entre os nomes de mestres da época románica na nosa zona están os Petri ou Pérez. Traballaron en Moraime, Cambre. En xeral eran pedreiros que viñan traballar para os monxes de Moraime e Ozón, os grandes mosteiros da zona, desde a metrópole compostelana. E da zona era tamén a gran familia fomentadora no medioevo da arte e do monacato galego, os Traba. Así nos chegaron o románico, o gótico mariñeiro, o barroco, tras o fin das obras na catedral e nos grandes centros monacais galegos. Logo ficaban estes operarios en traballos menores pola volta ou reformando e construíndo templos ao estilo da fabrica compostelana orixinal. Desde o s. XVI temos nomes de pedreiros locais como Narciso de Pérez e Xil Montoto.

Desde o século XVIII hai collas asentadas na terra de Nemancos, onde sempre tiveron fama os de Carnés e Carantoña. Canteiros de Pontevedra desde esa época aparecen nas relacións de obras das igrexas, e foron casando entre nos. No 1834 a colla de Pedro Miñones de Carnés constrúe a Cerca. No 1886 Vicente Bermúdez de Cotobade ven traballar na obra do faro de cabo Vilán, e moitos dos seus homes fican entre nós. Apelidos como Grela, Figueiras, Pérez, Olveira, Bermúdez proceden destes canteiros de Pontevedra. No 1927 traballan na nosa ría dúas collas de Pontevedra, as dos mestres Fontán e Monteagudo. Nos libros das confrarías dos anexos achamos canteiros. No Libro da Confraría do Sacramento de Ponte do Porto vemos que fan obras para ésta no 1836 José de Lema e o seu xenro Domingo Baña. Ramon Olbeira fai obras de sepulturas no 1818. No 1795, Luis Figueroa fai a capela maior e sancristía do sacramento porteño. Sabemos que parentes seus pedreiros ou monteiros viven en Cereixo. Por estas datas nace Francisco Figueroa Rodríguez que bautiza unha filla en Cereixo no 1815. O seu pai Francisco pode ser irmán do canteiro Luis Figueroa e vive en Cereixo, onde nace en torno a 1770. É fillo de Francisco Figueroa de Leis. En Camariñas no 1753 exercen de canteiros Juan Martínez e Gerónimo do Gando. Como carpinteiros: Joseph Soneira e o seu pai Ángel. Andrés López e o seu fillo Andrés. Agustín Martínez. Na Ponte do Porto desde 1900 a 1920 traballan canteiros como Francisco Grela o Ruso, Francisco López Oroña, Manuel Castiñeiras o Currilo, Antonio Olveira. Carpinteiros como Ramón Figueiras, Enrique Redondo, Manuel Lema. Na primeira metade do século XX os aserradoiros porteños ocuparán a moitos veciños da volta, e tamén o comercio derivado desta industria (gabarras, pataches, carros).

As confrarías dinamizan a vida local. En xeral contrastando os datos dos libros vemos como en certas datas, polo andacio, a fame ou ou a emigración, hai importantes baixas de cofrades nas entidades da volta. En xeral foron anos negros 1770, 1842, 1852. Na fin das guerras napoleónicas hai unha crise xeral no país que se nota nos cambios sociais e tamén nas confrarías. É un século convulso de guerras civís en España, con episodios anticlericais, desamortizacións de bens da Igrexa. As contribucións de guerra seguiranse anotando moitos anos despois da marcha das tropas invasoras, desde 1818. Importante ofreza é a que fan dous veciños, que fundan a capelanía de san Bartolo de Salto o 11 de febreiro de 1681. A eles pois debemos a obra da ermida do mesmo nome no alto do seu monte onde se segue a celebrar unha romaría. Son Juan Miñones Moreira el Viejo "vecino de Monte zelos, fra. de San Cristobal de Carnés". E Amaro Pose, labrador e veciño de San Pedro do Porto.

Sabemos tamén os nomes dos curas que exercían en Carnés e nos anexos de Ponte do Porto e Leis. Lope Vázquez de Eras Fontán xa aparece desde 1595. Auxiliado polo bacharel Alonso López desde 1608. Son os primeiros dos que hai datos. Franciso Quintáns é párroco desde 1763. Ramón Olbeira foi párroco no 1832, pero xa aparece como clérigo e auxiliar no 1818. Neste ano e ata 1821 temos anotacións de Andrés Martínez y Pazos de Porbén. antes de 1818 de Josef Ponte y Andrade. Manuel Moledo desde 1800. Juan Castelo desde 1830. Manuel Cotelo de 1838 a 1858. Cotelo é párroco no 1838 asistido polo capelán de Guadalupe de Ponte do Porto Francisco Antonio Couto. Nome curioso é o do párroco Jaime Puig y Rodríguez no 1779, unha época na que xa temos bastantes apelidos cataláns na ría, en Camariñas. Como soldados do castelo, ou con cargos no porto e marina.

A escultura, carpintería e pintura, tamén contan con destacados artistas nesta volta. No 1792-93 fai o artesonado de Carnés, en castaño, Juan Antonio Fabeyro de Noia, por 1.600 reais de vellón. Traballa en retablos na Ponte do Porto. No 1725 Joseph Malvárez, escultor, fai un san Pedro para Leis e dous altares colaterais en Carnés. Son os de san Bieito e do Carme. Francisco Castro Agudín, prolífico autor soneirán (de Treos), fai o retablo maior de Carnés no 1786-89. O de san Cristovo. O pintor Juan Antonio Figueroa ou tamén chamado Gómez Figueroa, veciño de Carnés, fai varios traballos en Carnés e Ponte do Porto entre 1729 e 1754. No ano 1729 pinta a imaxe de san Cristovo. No 1753 o retablo maior coas imaxes, polo que cobra 12 reais e medio. Debeu ter relación cos Figueroa pedreiros de Cereixo e Ponte do Porto, con moitos traballos nas igrexas da volta. No campo da orfebrería debeu deixar algún traballo Blas Espín, de Ponte do Porto, prolífico autor, mais non achamos referencias en Carnés. Sí doutro gran orfebre local, Diego de Guzmán de Cereixo. Traballou entre 1682 e 1729 en Leis, A Ponte, Cereixo, Carnés. No 1682 Diego de Gusmán "cobra 24 reais por la echura de un pie de cáliz" en Carnés. E fai a cruz de prata de Carnés no 1676 por 153 reais. Francisco Antonio Blanco de Santiago fai as campás de Carnés (1770-71). Grobas solda unha campá en Carnés no 1795. Sabemos que no 1798, cando se fai o campanario, Manuel Gamallo cambia as campás porque as anteriores eran pequenas e fenderan ao caeren.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis
Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis
Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Los restos del sacerdote Jesús Nieto Baneira ya descansan en el cementerio de la parroquia de San Vicente de Cuns, desp…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información