3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xosé Manuel Lema Mouzo

Xosé Manuel Lema Mouzo

Director de Adiante Galicia, Anosacosta e Elven Comunicación. Escritor e locutor de radio.

Eleccións 25S, unha nova decisión

Publicada: 02/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 18 segundos.

Unha das cuestións que deberán dictaminar os galegos co seu voto é se Alberto Núñez Feijóo e o Partido Popular conseguen unha maioría absoluta que sería histórica. Non só por ser a terceira do político do Peares senón porque nestes tempos tanto na política estatal como europea as maiorías absolutas páganse moi caras. E a política ten esas cousas, con 38 escanos os populares estarán brindando con cava e con 37 seguramente comenzarían a soplar ventos de cambio no PP. Un deputado, un puñado de votos poden cambiar o desenlace da película o 25 de setembro.

A alternativa sería un goberno de coalición entre varios partidos. Por iso tamén será moi importante como queden as cousas nas demais formacións. Xoaquín Fernández Leiceaga lidera un PSdeG con serios problemas internos e tenta centrar os focos nas súas mensaxes e propostas. Despois dos 25 deputados acadados por Touriño(2005 e 2009) o listón quedou baixo nos 18 que deixou de marca Pachi Vázquez.Pero Xocas ten un camiño complexo para liderar a alternativa da esquerda. Se suman 38 entre as forzas da oposición salvarán os mobles pero senón as reflexións críticas supurarán por tódolos lugares.

Luís Villares(En Marea) é o candidato que aspira a confirmar que o “sorpasso” era algo máis ca unha manobra de márketing electoral. En calquera das enquisas coñecidas superan os 9 escanos de AGE e sitúanse nun abano de entre 11 e 18 escanos. Non foron uns meses tranquilos nas forzas que conforman este partido instrumental nin tampouco Villares ten un alto grao de coñecemento na sociedade. Pero para iso están as campañas.

O Bloque Nacionalista Galego liderado por Ana Pontón xógase moito tamén. Poñer freo ao perigoso e evidente retroceso, ou continuar camiñando cara un futuro cheo de incertezas. Agora semellan estar máis preto dos 7 escanos de 2012 que dos 12 de 2009.  No BNG houbo desercións, incendios e polémicas pero nestes momentos afrontan con certa calma a cita electoral. Non se pode negar que non manter as 7 actas será un retroceso, pero volvendo ao principio, a derrota amarga podería salvarse se dan os números para unha coalición tripartita, cuatripartita ou como sexa.

Os galegos tamén despexarán outra dúbida importante. Ten presente o proxecto de Ciudadanos en Galicia?. Os votos das xerais foron só un castigo ao PP?. Está claro que neste caso obter representación sería un éxito, pero a empresa á que se enfronta Cristina Losada e o partido laranxa non é menor. E claro, o valor dese hipotético escano, dependería da configuración parlamentaria. Non obter representación sería un batacazo para as aspiracións dun partido que exprimirá ao máximo a imaxe de Albert Rivera durante a campaña.

Unhas portas do Parlamento de Galicia as que tamén chama Compromiso por Galicia. Activos nas redes sociais e nas rúas galegas, a formación de Xoán Bascuas aspira a que o voto dos galeguistas e tamén dos progresistas desencantados lles dea a chave do Hórreo. Sería unha auténtica proeza e todo un impulso para este partido.  A listaxe complétase cunha longa lista de opcións. E serán os galegos e galegas os que o vindeiro 25 de setembro os que repartan a representatividade.

Queda por diante unha campaña que será intensa e que desde o meu punto de vista non provocará grandes movementos de voto, pero que poderán causar pequenos fluxos que poden ter un efecto relevante. Os galegos deciden. Pero antes escoitamos aos candidatos/as.

Xosé Manuel Lema Mouzo é director de Adiante Galicia e autor de "El Candidato ganador.Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones".

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información