3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Xosé Velo Mosquera, a paixón pola revolución

Publicada: 21/11/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
63
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 8 minutos e 14 segundos.

Hai cincuenta e cinco anos unha acción audaz protagonizada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) secuestrara o paquebote “Santa Maria”, con oitocentas persoas a bordo entre pasaxe e tripulación, entre os que había moitos galegos. Os medios de comunicación agocharan as intencións políticas do secuestro, para chamar a atención da opinión pública mundial e condenar as dictaduras de Franco e Salazar, en España e Portugal. 

Pouco se sabía da organización autora daquel secuestro, e moito menos dos nomes dos seus dirixentes. Mais axiña comezaron a chegar novas  que os ían desvelando. O exmilitar portugués Henrique Galvao era un deles; e dous  galegos, un de Vilaxoán, José Fernández “Comandante Sotomayor”, e outro de Celanova, Xosé Velo Mosquera,”Xunqueira de Ambia”.

Moito se ten escrito sobre aquel acontecemento revolucionario. José Fernández na década dos setenta publicou un libro titulado “Yo secuestré el Santa María”. Pero foi  Miguel UrbanoTabares Rodrigues, un xornalista portugués que formaba parte do DRIL, e que co paso do tempo, despois da Revolución do 25 de abril, sería director  de O Diario e deputado do Partido Comunista Portugués, quen o desmintiría, certificando que: “o verdadeiro comandante, o autor dos plans, o executor dos plans, o executor real do secuestro do Santa María rebautizado por nós “Santa Liberdade” foi Xunqueira de Ambia, Pepe Velo”.

Eu tiven ocasión de visionar un pequeno documental gravado por Luís Noia, que viaxaba no barco, e a quen Pepe Velo lle permitiu filmar a reunión que os tres dirixentes mantiveron co comandante da frota americana no Atlántico; a película estivo custodiada durante moitos anos polo seu autor, ata que en 1983  lle propuxen ao Centro Rexional da TVE en Galicia facer un programa especial dedicado a divulgar as intencións da odisea e a Pepe Velo. Faro de Vigo sumárase coa publicación  dun  suplemento cultural.

A biografía de Pepe Velo, malia a súa curta vida (1916-1972) é densísima. Comezou a militar aos dezasete anos na Federación das Mocidades Galeguistas en Celanova. En 1940 trasladouse a Vigo onde abríu unha academia de ensino que simultaneou cunha militancia na resistencia antifranquista ata a súa caída catro anos despois, sufrindo torturas e cárcere. Aproveitando  a concesión da  liberdade condicional fuxíu e buscou agocho durante un ano en Celanova, para logo, despois de grandes peripecias, embarcar en Porto cara Venezuela, onde seguíu co seu activismo político e cultural.

Durante o seu exilio en Brasil abríu unha  librería, tranformada posteriormente na Editorial Nós. Dous anos antes do seu pasamento  fixo recapitulación da súa vida: “Durante todo este tempo de exilio algo bo fixen entre o moitísimo que non fixen e o moito que puiden ter feito. Nas miñas enxoitas carnes sentín e sentín fondo, podedes crérmo, aquilo que aprendera  nos anos mozos, mellor dito, na mocidade semeada de inquedanzas resumidas no amor ao meu pobo e dedicación ás súas xentes”.

Sempre tiven moitísima admiración e respecto por Pepe Velo, que, por certo, fora moi amigo de meu pai, pola súa entrega á causa galega e á liberación dos pobos oprimidos. Dúas reflexións súas  estiveron sempre no meu maxín: “O que menos importa é o pasado glorioso se non serve para outra cousa que conmemóralo; ese pasado pode adormecernos e arruinar para sempre o noso ser. Non esquezades que se nós conmemoramos aos nosos ancestros, os  nosos fillo teñen dereito a conmemorar tamén, é nosa  a obriga de axudar a facer memorables estes días do noso camiñar pola vida”.

Gardo con devoción as fotocopias da súa obra inédita, literaria e de pensamento, e as “ordes do día” do DRIL  publicadas durante o secuestro que  hai ben anos me entregou o seu fillo Víctor Velo, que o acompañara no  “Santa María”.

A moitos coetáneos seus chamáballes a atención que en cincuenta e seis anos de vida puidese ter unha biografía tan densa. Abríu camiños que outros transitaron despois, superando  o pesimismo da razón co optimismo da vontade que explicitou poeticamente nestes versos: “Pois que me preguntas, xa sabes/ de onde me vén o folgo/para cantar a miña esperanza:/ Da visión do futuro/que anque sempre chega/endexamais se alcanza”.

A Fundación L. Peña Novo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística quere perpetuar a memoria de Pepe Velo na paisaxe urbá de Vigo descubrindo unha placa conmemorativa en lembranza da  súa inmorredoira memoria o próximo día 2, ás 16:30 horas, na Rúa López Mora, no edificio coñecido polas “casas de Pernas” nas Travesas.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información