3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Olimpia Valencia, pioneira da xinecoloxía en Galicia

Publicada: 15/11/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
62
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 42 segundos.

Adiantándose ao centenario do seu nacemento a Irmandade da Sanidade Galega, celebrará tal efeméride homenaxeando a Doutora Olimpia Valencia López, a primeira muller médica colexiada, especializada en toco-xinecoloxía.

A biografía desta profesional da medicina é apenas coñecida. Naceu an 1898 no concello de Baltar, terras arraianas, nas lindes do Couto Mixto, ese territorio histórico que seguramente ela coñeceu ben. Sen embargo, a súa vida, a partir dos doce anos, trasncorreu en Vigo onde exerceu  a partir do ano 1928  a súa profesión deica a súa morte en 1987.

Segundo o historiador Ricardo Gurriarán, Olimpia Valencia López ingresou na Facultade de Medicina en 1919 e  licenciouse en 1925 con premio extraordinario, para trasladarse despois a Madrid para facer a tese de doutoramento dirixida polo prestixioso catedrático de obstectricia, doutor Recasens. A memoria de doutoramento levaba por título “La colosterinemia en la sangre de las operadas en relación co la anestesia quirúrgica”. Ali permaneceu aloxada na  “Residencia de Señoritas”, de igual inspiración e modelo institucionista cá Residencia de Estudantes, que naceran co espírito de completar a formación académica e humana das alumnas. Por medio de complemento educativos reforzaba a súa formación:  cursos, aprendizaxes de linguas modernas, viaxes ao estranxeiro... A súa directora foi María de Maeztu. Nese ambiente académico  fixo amizade cunha xeración de intelectuais e investigadores que, co tempo, habían ser figuras senlleiras do pensamento, a pedagoxia  e a ciencia. 

En 1929 cunha bolsa da Junta de Ampliación de Estudos trasládase a Alemania e Suiza para formarse en clínicas xinecolóxicas que arrequeceran a súa bagaxe científica na especialidade que lle había valer de gran reputación no exercicio profesional entre as súas pacientes en Vigo,  onde tivo aberta consulta deica os oitenta e dous anos.

Polas súas ideas republicano-galeguistas sufríu persecución e castigos, mesmo un boicot a súa consulta por ser considerada “roja y separatista” por mor de ter asinado un manifesto a prol da República e do Estatuto de Autonomía. Malia este abafo, que soubo sortear con dignidade, non deixou de manter relacións co grupo de galeguistas da cidade aos que sempre se sentíu unida, entre os que figuraban os seus compañeiros, tamén médicos, Dario Álvarez Blázquez, Antón Beiras García e Ramón Obella Vidal. Foron tempos duros e difíciles, sobre todo para ela pola súa condición de muller progresista.

Foi unha das primeira investigadoras científicas de Galicia, dinamizadora´de instucións profesionais como a Academia Médico-Cirúrxica de Vigo. Tamén participou en foros importantes como as xornadas médicas galegas, e levou a cabo un papel importantes noutras instancias corporativas.

A Irmandade da Sanidade Galega  e o Colexio Médico de Pontevedra vánlles renderlle homenaxe coa descuberta dunha placa, o próximo día 26 ás 12:00 horas,  no edificio onde desenvolveu o seu exercicio profesional na rúa Uruguay no que ata hai ben pouco houbo unha placa anunciando a súa consulta: “Dra.Olimpia Valencia. Especialista de enfermedades de la mujer”. Media hora máis tarde, ás 13:00 horas, na sede social da delegación en Vigo do Colexio Médico, na rúa Ecuador, celebrarase un acto académico aberto ao público, no que formalizarán o seu ingreso na ISAGA unha trintena de profesionais da sanidade.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información