3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Funcionarios e xuíces exemplares

Publicada: 20/10/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
28
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 46 segundos.

Hai ben pouco tempo acudiamos á Fonsagrada para festexarmos un feito insólito na historia da lingua galega: cumpríanse vintecinco anos de ininterrompida actividade xudicial en lingua galega do seu  Xulgado. O mérito correspóndelles a partes iguais aos funcionarios e os catro xuíces que por ali foron pasando sucesivamente: Xoán Montes, Alberto Beneitez (que malia a súa oríxe vasca fixo o esforzo de estudar a nosa lingua), Luís Villares e Eladio Prieto. Nos arquivos daquel organismo xudicial están custodiados centos de sentenzas escritas en galego.

Un pouquiño máis tarde, volvémonos xuntar en Redondela para lembrar a primeira sentenza publicada en lingua galega  despois de catro séculos de proscrición. Aquela resolución xudicial fora posible grazas ás xestións realizadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello perante a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña presidida polo falecido maxistrado Claudio Movilla Álvarez.Ao acto acudíu o tamén maxistrado,Gonzalo de Huerga e un bo número de avogados e procuradores. Para a memoria colectiva queda na fachada da Casa do Concello unha placa na que se recorda aquel feito histórico.

A Irmandade Xurídica Galega, que é a herdeira deste proceso regaleguizador da Administración de Xustiza, ten preparado un programa de actos itinerantes polos xulgados nos que tamén se ditaron sentenzas no noso idioma por primeira vez. Empezaremos o próximo día 26 nos xulgados de Cangas,coa colaboración do Concello, descubrindo monumento perpetuando o exemplo dos maxistrados Alejandro Couselo e Dalila Dopazo por teren ditadas as súas resolucións xudiciais en galego. A este acto están convocados  todos os profesionais do dereito do partido xudicial, que terán a oportunidade de asinaren unha declaración de compromiso seguindo o exemplo dos anteditos xuíces.Nos próximos meses escenificaranse actos semellantes en O Carballiño, Marín, Lalín, A Estrada, Caldas de Reis, Carballo, Noia, Ribeira, Corcubión, Santiago, Arzúa… para deixarmos constancia tamén dos exemplos doutros tantos xuíces que son merecentes do recoñecemento e admiración polo seu empeño en procurarlle á lingua galega novos espazos de uso.

O futuro da lingua galega non pode pivotar sobre a literatura. O ISBN indicou que o pasado exercicio editaronse un total de 2.266 libros, 338 menos que o 2014.Unha cifra que evidencia que o índice de lectores en Galicia non fai máis que baixar ano tras ano. Xa que logo, é meritorio o traballo que desde outros ámbitos extraliterarios se está a facer para que o noso idioma  estea presente noutros espazos de uso ata agora inéditos: o socioeconómico e nas actividades xurídicas. A lingua galega está necesitada de prestixio social, e estes profesionais dánllelo.A Irmandade Xurídica Galega, que aglutina a máis de douscentos xuristas, entre os que están ao pé de trinta e cinco xuíces e fiscais, coñece as dificultades que existen para normalizar a lingua galega nas oficinas xudiciais pola falta de aplicacións informáticas que posibiliten o proceso, pero intenta superar esas dificultades cos entusiasmos de funcionarios e profesionais do dereito.

A esta arela galeguizadora débense sumar os sectores máis conscientes da sociedade facendo valer os seus dereitos lingüísticos perantes os xulgados e notarias; sobre todo nestas últimas, onde tantos documentos xurídicos se tramitan. Somos un país de pequenos propietarios que acuden a estas oficinas para faceren declaracións de herdeiros, que non sempre se escrituran no noso idioma.Velaí a contribución de cada un dos galegos e galegas.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información