3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Enrique Peinador, a reconstrucción dunha biografía

Publicada: 18/02/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
78
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 19 segundos.

Enrique Peinador Lines xa ten biografía. Escribíuna o historiador Ricardo Gurriarán logo dunha laboriosísima investigación. Pouco se tiña escrito sobre unha personalidade tan relevante da economía e política galega do primeiro terzo do século pasado. Reconstruír a súa memoria foi un dos obxectivos do Foro E. Peinador.

De Enrique Peinador Lines coñeciamos as súas acertadas xestións empresariais ao fronte do Balneario de Mondariz das que dan conta dúas documentadas teses doutorais. Estes estudos académicos infórmannos da importancia das súas instalacións e a completísima oferta para unha clientela selecta e esixente procedente de aquén alén das nosas fronteiras. Sabemos tamén que na embotelladora de Mondaríz embotellábanse dez mil envases de auga mineral diarios con destino a moitos paises latinoamericanos e europeos, lugares de procedencia de moitos dos hóspedes das instalacións balnearias.

Enrique Peinador tivo un papel sobranceiro na construción das Irmandades da Fala e en todas as iniciativas culturais e políticas dese período tan importante para Galicia. Foron tantas que, en certa ocasión, cando llas relatei a un coñecido empresario pouco afecto á causa galega, díxome  que tal personaxe era unha invención miña. Claro que existíu!, e nós, -díxenlle- ímos reconstruír a súa biografía inxustamente agochada por causas inxustificables.

Como dirixente do Consello Executivo do Partido Galeguista viaxou a Madrid para entrevistarse con Portela Valladares, que entón era Ministro de Gobernación, para interceder por Castelao e Bóveda que foran sancionados con cadansúa pena de desterro polo goberno de Lerroux. Nesa mesma viaxe a Madrid,  acompañado por Alexandre Bóveda, mantivo unha xuntanza  na casa de  Azaña para falar do Estatuto de Autonomía e establecer un pacto para a súa materialización plebiscitaria cos dirixentes de Izquierda Republicana. En 1935, como delegado do Partido Galeguista, visita no cárcere Modelo de Madrid ao president da Generalitat, Lluís Companys, para amosarlle a súa solidariedade e a do Partido Galeguista. Participou na constitución de Galeuzca, unha organización que garantía o compromiso do apoio mútuo no servizo dos ideais comúns, que se materializou  por mor  dun  conflito de competencias  entre o goberno central e a Generalitat. Importante tamén foi a súa participación no Pacto/Manifesto de Barrantes celebrado o 25 de setembro de 1930, que foi a resposta para neutralizar o outro celebrado en Lestrobe.

Na orde cultural salientamos os seus apoios á Real Academia Galega, Seminario de Estudos Galegos e á revista “Nós”, que deste xeito puido ter continuidade en xullo do ano 1925 despois de dous anos de interrupción por falta de medios económicos, comoi o acredita Vicente Risco nunha carta agora recuperada. A el débeselle o primeiro museo etnográfico de Galicia localizado na finca de Pías; a edición de libros en galego e as chamadas “festas galegas” que se celebraban para deleite dos hóspedes, nun intento pedagóxico de universalizar a nosa cultura e lingua.

Por iniciativa súa, Mondariz tivo varias agrupacións musicais –coros, grupos de gaitas e banda de música- e un grupo de declamación,  que representaban obras de teatro en  lingua galega; todas elas integradas por traballadores do Balneario. Na súa imprenta editáronse libros e as dúas publicación periódicas, “Mondariz” e “La Temporada”, nas que se musturaban as colaboracións científicas coa divulgación do patrimonio cultural da comarca e de Galicia.

Orixinais foron os seus convenios coa Facultade de Medicina da USC para crear áreas de investigación hidrolóxica ou o proxecto da chamada Casa de América en Mondariz, que servise de centro de comunicación constante coa emigración de latinoamérica. El e seu pai foron os deseñadores da vertebración da gran  área metropolitana  de Vigo coa creación da empresa de tranvía que uniría Vigo con Mondariz.

O Foro E. Peinador dedícalle este ano o Día da Galeguidade Empresarial, que inclúe a edición da devandita biografía e a colocación dunha estatua súa, obra do escultor José Molares, que será instalada nas inmediacións da Escola de Empresarias de Vigo, ubicación natural para que os alumnos do centro estuden e imiten o seu exemplo de bo xestor empresarial e galeguista.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información