3024 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

En Ponteareas co dereito

Publicada: 25/03/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
121
5
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 23 segundos.

Conmemoramos este ano o centenario da constitución das Irmandades da Fala, a primeira entidade cultural que acometeu o labor de galeguizar Galicia en toda a súa transversalidade. A ela pertenceron moitos xuristas que fixeron causa común para salvagardaren os nosos valores patrimoniais; civilistas preocupados  pola adecuación das nosas tradicións xurídicas consuetudinarias para que tivesen rango de dereito positivo  no marco  das grandes transformacións sociais e económicas que estaba a vivir o país, ao tempo que demandaban o uso da lingua galega nas instancias xudiciais.

A Irmandade Xurídica Galega séntese herdeira daquel movemento de profesionais do foro, e vén facendo fincapé na necesidade de dálos a coñecer, ao tempo que insta ás facultades galegas de dereito, colexios de avogados e procuradores e escolas de prácticas xurídicas a programaren actividades académicas que espallen a súa memoria, sen que deica hoxe houbese a menor receptividade. O seu comportamento académico impide o exercicio dun maxisterio que forneza de coñecementos históricos aos futuros xuristas.

Na historia xurídica galega figuran nomes de xurisconsultos que se caracterizaron pola súa sabedoría e implicación na restauración da identidade galega. A Irmandade Xurídica Galega recuperou as súas biografías para divulgalas entre os profesionais do dereito, erixíu monumentos e colocou placas conmemorativas en espazos públicos para perpetuar a súa memoria e compromiso galeguista. Os xuíces Ramón Carballal Pernas, Sebastián Martínez Risco, Manuel Casado Nieto, Claudio Movilla, Orencio González Pérez, Fermín Bouza Brey, Daniel García Ramos; os avogados Roberto González Pastoriza, Arturo Noguerol, Lois Peña Novo, Pedro González López e Amadeo Varela, son bos exemplos. Dentro de pouco homenaxearase a Manuel Banet Fontela, notario e impulor das Irmandades da Fala, que celebraron en Monforte de Lemos en marzo de 1922 unha das súas asembleas na que se acordou “esixir dos poderes públicos o dereito a redactar en galego os documentos notariais”.  

Unha demanda negada polos gobernos de entón, que impediron que o noso idioma tivese validez nos actos xurídicos documentados, malia ser a poboación maioritariamente galegofalante.  Proscrición de tolleu a autoestima dos galegos, e que agora cun marco xurídico que o recoñece debera ser abondo para normalizar o seu uso e costume.

O próximo día 31 celebrarase en colaboración co Concello de Ponteareas un novo acto de galeguización xurídica, seguindo o modelo iniciado hai anos noutras localidades. Inaugurarase un monumento a Fermín Bouza Brey, nado na vila do Tea hai cento quince ano, nas proximidades do edificio dos xulgados, para que quede constancia da existencia da biografía dun xuíz que compaxinou a súa función profesional coa investigación etnográfica e arqueolóxica, amais de ser autor dunha importante obra literaria. A seguir, terá lugar un encontro  cos alcaldes das comarcas da Paradanta e Condado para asinaren o documento no que se recollen os compromisos de galeguización das actividades xurídicas das respectivas corporación locais; acto ao que tamén foron chamados os avogados e procuradores exercentes neses partidos xudiciais. Rematarase o programa de actos cunha mesa redonda na que participará tamén o fiscal don Carlos Varela García.

A galeguización das actividades xurídicas e xudiciais depende da vontade de todos os implicados nelas: operadores xurídicos, xuíces e funcionarios xudiciais; pero tamén dos cidadáns que acuden a esas instancias demandando solucións para os seus conflitos, porque a Lei de Normalización Lingüística de Galicia ampara o dereito ao uso do galego nos xulgados e notarias. Desde a incorporación da lingua galega aos distintos niveis do ensino funcionarios e xuíces están capacitados para seu uso escrito, xa que logo, non se pode alegar descoñecemento; facelo é unha argallada que descalifica a quen fai uso dela.  

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

La AP-9 y el peso político

Nacho Louro

El Ministerio de Fomento ha decidido compartir con la Xunta la gestión de la AP-9 a través de la creación de una comisión bilateral, que empezará a operar en enero, tras la primera reunión mantenida por el nuevo ministro, recién estrenado en el cargo, Iñigo de la Serna y el jefe del Ejecutivo gallego, Núñez Feijóo.  Un acuerdo nacido tras la solicitud del Parlamento Gallego de pedir la transferencia de esta vía de comunicación que comunica Galicia de norte a sur y que estos d…

Nacho Louro
Ler máis

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jingoísmo. Porém, na literatura do Brasil, por exemplo, o mais próximo que poderíamos tratar é do ufanismo, mas anda fraco de expansionismo e belicismo; embora ande forte de militarismo e de espírito patrioteiro. Em Portugal a referencia pode ser o Salazarismo.   Jingoísmo?? Não, será que você está errado: “Gin-goismo!!”, uma mes…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

La AP-9 y el peso político

Nacho Louro

El Ministerio de Fomento ha decidido compartir con la Xunta la gestión de la AP-9 a través de la creación de una comisión bilateral, que empezará…

Nacho Louro
Ler máis

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información