3013 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

Concellos, economía e lingua

Publicada: 18/07/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
23
4
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 25 segundos.

Vai para dous anos que o Foro E. Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros solicitaran dos grupos políticos do Parlamento de Galicia o apoio para as marcas comerciais que etiquetan os seus produtos en lingua galega, celebrándose un acto concorrido  en sede parlamentaria co gallo do Día da Galeguidade Empresarial. Un feito sen precedentes na historia de Galicia que agradecimos a súas señorías.

Desta volta recorrimos aos concellos galegos para buscarmos a súa decisiva participación na mudanza dos hábitos de consumo da cidadanía galega. Alcaldes e alcaldesas de todo o abano político están convocados no Hostal dos Reis Católicos o próximo día 23 para asinaren a “Carta do Consumo Responsable e Solidario” coas marcas que etiquetan en idioma galego. Unha convocatoria excepcional para unha acción orixinal. As institucións municipais, que son as máis próximas, están chamadas a practicaren políticas audaces e útiles para facer País. 

Os concellos galegos, nomeadamente os das grandes cidades e comarcas de influencia, teñen a obriga de ensaiaren prácticas políticas que afortalen a conciencia solidaria dos consumidores cos nosos produtos. De nada valen os laios e as convocatorias de  mobilizacións  contra as políticas causantes dos desequilibrios territoriais se ao tempo non se desenvolve unha estratexia informativa nesas grandes urbes para apelar á responsabilidade cidadá aplicando criterios de discriminación positiva nas opcións do consumo familiar, amosando preferenza por aqueles que son netamente galegos.

Porque o drama do noso País maniféstase na escasa conciencia solidaria do 75% da poboación concentrada nas áreas metropolitanas da franxa atlántica coa Galicia interior, coas explotacións agrarias e as súas industrias de tranformación que teñen que competir coas ofertas de produtos foráneos dos grandes centros de comercialización en desigualdade de oportunidades. É evidente que a calidade de vida da poboación galega nas provincias do interior é inferior ás costeiras. Galicia está necesitada dunha política de gran alcance de cohesión social.

A vertebración de Galicia pasa pola solución dos desiquilibrios territoriais e unha conciencia cidadá comprometida coa defensa dos medios de produción propios, moderna,  con alto grao de mecanización para facela competitiva. O grave desta situación é que o sector primario mirra en proporción á indiferenza insolidaria desas grandes masas de consumidores que non son conscientes da súa responsabilidade na desfeita da nosa economía agraria, porque lles viran as costas aos produtos daqueles que aínda seguen cultivando as viñas, mantendo explotacións agrarias deficitarias por mor da tiranía dos mercados e falta de estruturas de comercialización eficaces.

O Foro E. Peinador agradece á Federación Galega de Municipios e Provincias e aos alcaldes  da maior parte das cidades, das que  Santiago de Compostela é nesta ocasión anfitrioa, a oportunidade de iniciarmos o proceso regaleguizador do consumo co compromiso de chegarmos á cidadanía con campañas publicitarias pedagóxicas en dúas épocas do ano de maior consumo: verán e nadal. 

Estamos seguros de que a mudanza dos hábitos de consumo han chegar, e con eles esa imprescindible fidelidade dos consumidores aos nosos produtos etiquetados en lingua propia; consumidores que teñen un enorme poder para demandarllelos ás cadeas de distribución alimentaria.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información