3020 fans     1096 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez

Presidente do Foro E. Peinador e da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, da Fundación Lois Peña Novo, e membro a súa vez da Asociación Álvaro das Casas, Asociación de Amigos do Couto Mixto, Irmandade Xurídica Galega, e coordinador da Irrmandade da Sanidade Galega.

"As coherencias que nos definen"

Publicada: 05/03/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
144
3
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 15 segundos.

Hai xestos que é ben que se prodiguen máis, porque son manifestacións da credibilidade dos discursos políticos. E cando eses feitos se producen é de agradecer e son merecentes  do aplauso e recoñecemento. Tal foi o caso que aconteceu na asemblea do BNG celebrada na Coruña. Cando finalizaba a sesión matutina e os congresistas se dispuñan a facer unha paradiña para xantar, desde a mesa congresual pedíuselles  que nos restaurantes optasen polos produtos etiquetados en lingua galega.

O sucedido, con gran calado pedagóxico, ten a súa transcendencia, xa que trasladalles ás persoas a responsabilidade de asumiren  un comportamento coherente cos principios que profesan. Só así, desde a asunción persoal do galeguismo en feitos cotiás poderemos transformar hábitos sociais impropios e alentar a autoestima dos galegos e galegas.O Foro E. Peinador –Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE) quere agradecer a cantos secundaron a iniciativa con ese exercicio de coherencia.

Economia e lingua deben ir da man. Temos que ser solidarios con aquelas persoas emprendedoras que deron o paso arriscado de etiquetaren en galego as súas elaboracións ou que utilizan o noso idioma nas súas campañas de promoción e comunicación, colaborando no mantemento dos nosos valores identitarios.

A oferta de produtos etiquetados en lingua galega vénse incrementando significativamente dun tempo para esta parte. E máis que podería haber se os consumidores as demandasen. Duascentas marcas de viños e licores, vermús, sidra, conservas vexetais, aceite, chocolates, cervexas artesás, leite e derivados (queixos, iogures…), cafés, galletas,etc. exprésanse no noso idioma, aquí e nos mercados foráneos.

Cómpre crear  unha nova cultura que estimule o  consumo responsable e solidario coas marcas que etiquetan en lingua galega. A esta tarefa foron  chamados os partidos políticos, centrais sindicais e movementos sociais e culturais, que asinaron a carta do Consumo Responsable. A eles sumáronse unha decena de alcaldes publicando senllos bandos cos mesmos fins aleccionadores.

Na axenda da IRGADE están previstas nos próximos meses varias accións de grande transcendencia, salientando entre elas unha convocatoria aos alcaldes para asinaren o compromisos de desenvolver accións de galeguización en dous períodos de moito consumo, en verán e nadal; e un acordo co Pen Clube-Galicia para que no congreso internacional que se celebrará en Ourense o próximo outono, que congregará a douscentos cincuenta escritores de todo o mundo, respalden este movemento galeguizador da economía galega  e alenten aos consumidores galegos a se identificaren coas marcas que incorporar os nosos valores patrimoniais, ao tempo que proxectar nos mercados internacionais a súa existencia.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información