3013 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas

Xoán Bascuas. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor de Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela. É o actual secretario xeral de Compromiso por Galicia.

Partida de tafures

Publicada: 10/03/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
56
4
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 34 segundos.

Ben sei que a expresión tafur non é moi empregada no galego de a cotío. Nós somos máis de falar de trampóns ou de trampulleiros. Pero a reflexión que eu quero deitar entre estas palabras é que o acontecido nos cinco primeiros días do mes de marzo no Congreso dos Deputados é cousa da tafuraría ou, como se pode ler no dicionario da RAG, de “xogadores que adoitan facer trampas para gañar”.

Cada quen, coas cartas que lles repartiu o electorado o pasado 20 de decembro, avaliou e fixo a súa aposta, nunha partida que aínda non rematou, e que ameaza con continuar até finais do mes de abril.

Nesta particular partida, había un xogador con cartos e unha boa man, pero que non soubo xogala; outro que respondía ao clásico papel de xogador agresivo e farfallán, pero que foi devorado pola fame de quen se quere comer o mundo; e outros dous que pretendían amañar a partida entre eles, aínda que as cartas non lles daba para moito.

Rajoy non tiña malas cartas, e mesmo era o que máis tiña posto en riba da mesa. Porén, “pasou” cando lle tocaba apostar. Pretendeu facer ver que non tiña xogo e así poder avaliar as opcións dos seus opoñentes e tamén desgastalos, pensándose a si propio como imprenscindible. O caso é que xogou a ser o Eddie Felson (o papel de Paul Newman na mítica película de Scorsese, O Buscavidas) da política española, pero rematou por facer o espantallo de verdade, cando pretendía simplemente simular que era un espantallo. A súa esperanza está en xestionar o fracaso do tándem Sánchez Rivera, sen percatarse de que, se antes non tiña con quen falar, agora tampouco.

Cando tiven coñecemento do documento programático asinado entre o PSOE e Ciudadanos (en adiante, C’SOE), pensei que aqueles 66 folios non eran máis que as estampiñas do timo, ou unha sorte de Macguffin, como os que empregaba Hitchcok nas súas películas. E a verdade é que sen ser completamente certo, aproximeime bastante, xa que o acordo estaba feito para que o PP non atopase unha xustificación programática para negarse e para que Podemos se vira obrigado a negarse mesmo querendo pactar.

E por último, Pablo Iglesias xogou coa arrogancia de quen se sabía coa partida gañada, gañándose así o rancor dos outros membros da mesa. Estaba tan crecido que semellaba que era ao mesmo tempo a banca, o gañador e o admirado público. E polo que din as últimas enquisas, semella que vai ter que darse un baño de humildade se quere recuperar opcións para pintar algo na partida.

Entre mentres, a representación claramente catalá e vasca xogan ao seu xogo, pero ao seu propio, mesmo nalgúns caso preguntándose que é o que pinta o seu país naquela partida. E Galicia, como moito, é como eses espectadores que son chamados a dar tabaco. Lamentablemente.

Con todo, aínda quedan unhas cantas mans por xogarse, pero todo apunta a que probablemente o electorado teña que repartir cartas de novo. E todo, para non mudar de tafures. Mesmo pode darse o caso de que ao mellor chegamos ao mes de xuño véndonos na circunstancia de ter que xogar ao mus e ao tute simultaneamente.

Xoán Bascuas.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información