3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

Rosendo Covelo

Rosendo Covelo

Licenciado en Ciencias Políticas e Diplomado en Relacións Laborais.Funcionario.Militante de Compromiso por Galicia.

Compromiso por Galicia:Na procura dun espazo de seu

Publicada: 08/04/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
24
0
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 57 segundos.

O vindeiro 17 de abril, Compromiso por Galicia, debaterá e decidirá na súa Convención Nacional o xeito de concorrencia aos vindeiros comicios galegos e por que non dicilo, a súa supervivencia como proxecto político diferenciado.

Ata o de agora e a grandes rasgos, conviviron no partido dúas sensibilidades ben diferenciadas, unha escorada claramente cara un espazo de esquerda e outra máis centrada que aposta por un proxecto que dende a socialdemocracia, achegue sectores situados nun centro político amplo á causa do galeguismo (social-liberais, social-cristiáns, etc), para partillar un espazo común que convirta a Compromiso por Galicia na grande morada dos galeguistas.

Na miña modesta opìnión, coido que o futuro de Compromiso por Galicia, como forza política que pretende ser útil a este país, pasa por manter un perfil diferenciado con relación a outras opcións existentes en Galicia. Para iso é preciso traballar arreo para facer de Compromiso unha forza protagonista da política galega, que dende un espazo galeguista encardinado no centro progresista ou centro esquerda se se quere -segundo os inquéritos do CIS é o espazo maioritario da sociedade galega-, propoña políticas que sexan alternativa na súa concepción da sociedade e do país, ás practicadas pola dereita centralista e ás propostas da esquerda rupturista e independentista.

A plasmación de todo o anterior, precisa que creamos en nós mesmos e fagamos dun esforzo importante no terreo das ideas e na elaboración dun discurso propio e diferenciado, achegado ás demandas da sociedade, que faga fincapé no benestar dos galegos e galegas, na xustiza social, no crecemento económico sostible e no traballo polo ben común. Coido que se trata dunha tarefa inxente pero ao tempo ilusionante, que debe encetarse dende un espazo integrador e transversal que se ubique no centro político e non dende un proxecto como o representado pola Marea, onde CxG ficaría subsumido nun conxunto de forzas políticas, algunhas delas de obediencia estatal e ao que Compromiso non achegaría apoios significativos. En troques, Compromiso pode contribuír máis eficazmente ao espallamento do galeguismo, se decide presentarse aos vindeiros comicios cunha faciana propia.

Entendo, en definitiva, que debemos ser valentes e apostar decididamente por un proxecto que se presente á sociedade claramente inserido nun galeguismo aberto, progresista e europeísta, que aposte polo autogoberno e que faga fincapé na defensa dun espazo reformista, no que se apoie o emprendemento e se recoñeza explicitamente a iniciativa empresarial, no que se aposte por unha gobernanza baseada no rigor e no bo goberno do público así como a aplicación, dende as institucións públicas, de políticas que favorezan a igualdade de oportunidades e o mérito. Tamén, como galeguistas, temos a obriga de procurar solucións á problemática dos nosos sectores estratéxicos (agrogandeiro, pesca, naval, automoción, etc) e traballar a prol da xeración de emprego de calidade para as xentes deste país.

Na vindeira Convención Nacional, dende a democracia radical e o respecto mutuo entre todos e todas os que compartimos este proxecto, decidiremos soberanamente o vieiro a seguir e o modelo de partido que queremos: ou ben un partido dono se seu, que encha un espazo político orfo na Galicia de hoxe e que lle é propio a Compromiso, ou ben a práctica liquidación do partido como proxecto autónomo e a súa inclusión nunha coalición de esquerda radical, con anticapitalistas, independentistas ou forzas de obediencia estatal como EU ou Podemos. Eis o dilema.

Rosendo Gonzalo Covelo Roma é afiliado a Compromiso por Galicia dende a súa fundación e integrante da Executiva Local de Vigo. Licenciado en Ciencias Políticas e Diplomado en Relacións Laborais.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información