3020 fans     1096 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Formula Hit
Comercial Rodriguez

Orlando Villamayor

Orlando Villamayor

Orlando Villamayor Torres é secretario nacional de comunicación de Compromiso por Galicia e empresario.

O arte de entender a política

Publicada: 08/08/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
40
2
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 19 segundos.

Case todo o que nos rodea na vida é política. Hoxe dende esta tribuna quero salientar e resaltar o nome de tan prestixioso diario, o "Adiante Galicia", que acolle con certeza e ilusión, unha opinión ou expresión propia sacada das experiencias vividas o carón de políticos de este país que si ben non son tan mediáticos como os populistas, si son de maior calado social.

Como cada catro anos, en pouco tempo teremos que pasar de novo polos colexios electorais para elixir ós novos parlamentarios que traballarán na rúa do Hórreo en Compostela. Os novos elixidos terán a responsabilidade de lexislar en favor de Galicia e a prol das vindeiras xeracións, será un traballo difícil, moi laborioso e tremendamente desagradecido pola súa complexidade, nesta etapa onde parece que todo perdeu interese e ninguén se preocupa do público, senón máis ben de encher os egos propios sen mirar a un medio ou longo prazo.

¿Que houbera sido de nós se os nosos ancestros deixaran a terra toda esquilmada e non mantiveran a cultura, o idioma ou os medios de vida dos que aínda hoxe desfrutamos?  Pois que seguramente non estaríamos orgullosos de ser galegos, pois ben, isa é a reflexión que necesitamos no noso pobo, é preciso escoller a aquelas persoas de mais valía para nos representar porque como di o refraneiro. " fai mais quen quere que quen pode " e niso estamos en Compromiso Por Galicia.

O pasado 25 de xullo, celebramos en Compostela o día da nosa matria galega e tiven o privilexio de falar cun alto responsable da política española, contábanos que o noso país precisa de estar presente con forzas políticas propias, como é Compromiso, medrada e formada en Galicia, por varias cuestións, unha de elas é que antes ou despois viviremos unha reformulación do estado español e será imprescindible que Galicia non estea ausente de ese proceso.

CxG está preparado para estes comicios. Tiven a oportunidade de coñecer mais polo miúdo ás persoas elixidas en primarias polas catro circunscricións e sei que son quen de facer un bo traballo o igual que o están facendo as alcaldesas e alcaldes nas súas respectivas vilas e por iso tamén sei que os nosos deputados darían todo o posible para consagrar esta Terra. 

Teño a esperanza de que os electores pensen antes de malgastar o seu voto, por causa da desafección da política, e se decanten pola lealdade, a sinceridade e a transparencia, quizais así Galicia poida ocupar o lugar que sempre se lle negou.

Saúde e Terra

Se queres podes deixar un comentario sobre esta opinión no Facebook:

Pódeche interesar...

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é mais do que uma das batalhas que nestes dias acontecem por todo o mundo. Uma parte mais da guerra “híbrida”, uma guerra onde o “Big Data” e isso que demos em chamar a “Internet das coisas” joga já um plano fundamental. As novas tecnologias e as redes sociais são um novo campo de batalha.   Como curiosidade a China, depois do I…

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sistema político de “democracia representativa”, es mejor el sistema de la “democracia participativa”, en donde los ciudadanos tienen una mayor participación en la toma de decisiones políticas, más allá de ejercer el derecho a voto cada cuatro años, con el que elegimos a nuestros representantes.    Hemos conocido el resultado del …

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta económica, tinha batalhas e guerras abertas além e aquém do mundo e nas suas sociedades tinha-se ingerido uma mais do que forte insatisfação com o sistema, no que crescia a corrupção, o clientelismo e as desigualdades, numa sociedade governada por uma elites “white collar” que cresceram, dentro, por e para, o sustimento do PCUS e do aparel…

Daniel Lago
Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información