6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Neda acolle a tradicional Festa do Pan

Esta fin de semana Neda celebra a XXVIII Festa do Pan. As actividades comenzarán este sábado 3 de setembro coa ruta dos muíños desde o Belelle ata a Fervenza, con saída desde o adro da igrexa de Santa María. Ao regreso haberá unha degustación de empanada, pan e doce no polideportivo do Roxal. E pola noite(22,30h) terá lugar un concerto musical no paseo marítimo de Xuvia, coa actuación de Banda Crebinsky, Cuchufellos e Tarde Piache.

Xa o domingo, as dez da mañá abrirán as súas portas as panaderías e a Feira de artesanía e alimentación. Haberá un pasarrúas con Lumieira e as 12,00 unha homenaxe aos panadeiros e panadeiras de Neda diante da estatua de Carlos García. As 12,30 a actriz Isabel Risco dará lectura ao pregón e entregaranse os premios do concurso do cartaz anunciador do evento e da Ruta dos Pinchos. As 13,00 actuará o grupo Los Zares e media hora máis tarde comezará o xantar composto por empanada, arroz, churrasco,pan, doce, etc…

As actividades da Festa do Pan continuarán pola tarde(16,30h) con música tradicional a cargo de Lumieira, un obradoiro e pan e xogos para os máis pequenos. Como broche actuará Xoán Curiel(18,30h) e Malvela(20,00h).

Este evento está declarado de interese turístico de Galicia, 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos