12.1 C
Santa Comba
viernes, abril 5, 2024

Ferreiro:»Nunca dixen que non ía utilizar coches oficiais»

O alcalde da Coruña asegura que foi a Vigo en coche oficial porque se trataba dun partido de alto risco e afirma que foron “máis ben elas (as meigas) as que se meteron con nós. Tamén entende que os militantes socialistas queren máis entendemento coas mareas e outras forzas alternativas ó Partido Popular.

“Non me vexo chegando aos sitios nun Audi A-6”

“Nunca dixen que non ía utilizar coches oficiais, dixen que non os utilizaría día a día” explicou o alcalde coruñes na Radio Galega en relación coa polémica da súa viaxe a Vigo “nun partido que estaba calificado de alto risco”aínda que finalmente asegurou que non faría falta ese desprazamento no coche.O que si ten claro Ferreiro é que non se vé «chegando aos sitios nun Audi A-6» nin usando un coche oficial para ir á barbería.

Non houbo posibilidade de entendemento coas Meigas

Sobre a polémica coa asociación de Meigas, o alcalde volveu insistir que eles non buscaron un enfrontamento con esa asociación “e máis ben son elas as que se meteron connosco” cando desde o goberno local ”tentamos tomar as rendas da celebración e encargarnos directamente” duns actos nos que as “Meigas” tamén tivesen o seu sitio pero “non houbo posibilidade de entendemento”.

Xulio Ferreiro lamentou que desde ese colectivo tachásese de “perro flautas” ás persoas que virán celebrar o San Xoán porque “ese non é o camiño” e lembrou que se trata “dunha celebración de toda a cidade”.

“Cambiamos a relación entre o concello e a cidade”

Sobre a xestión neste ano de goberno da Marea Atlántica destacou que “cambiamos a relación entre o concello e a cidade” con políticas participativas, escano cidadán ou o “Dillo ti” e anunciou que no orzamento do 2017 incluiríase unha partida dun millón de euros en inversions elixida directamente polos veciños. Tamén destacou o aumento das “bolsas comedor”, a eliminación de puntos de vertedura ou a implantación dá “renda social municipal”.

Ferreiro pensa que Leiceaga está polo entendemento

Ademais referiuse ás primarias do Partido Socialista e expresou a súa satisfacción porque lle parece que Xoaquín Fernández Leiceaga entende que hai que “chegar a acordos e un clima de entendemento” e ten claro que “a militancia lanzou unha mensaxe, quere máis entendemento e ten claro quen é o rival a bater”.

Sobre os posibles fallos deste primeiro ano de goberno dixo que “o erro principal foi non calibrar as dificultades de interlocución cos demais grupos” como o PSOE, aínda que reivindicou que hai que asumir “que o alcalde é o alcalde e o goberno é o goberno e hai competencias que poden exercer sen ter que pedir permiso”.

Para Ferreiro é “moi complicado” que o PSOE poida entrar no goberno xa que non hai “unhas bases de confianza” e os socialistas tentaron entrar «derrubando a porta” e puxo como exemplo os orzamentos aprobados:”Podíamos ter chegado a un acordo e preferiron meter os seus proxectos pola porta de atrás coa axuda do PP”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos