4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

«CA e PSOE son corresponsables da paralización de Santiago»

Agustín Hernández na Encrucillada:”Compostela Aberta está instalada na conformidade e nos traballamos con humildade para resolver os problemas dos cidadáns”.

«Conversa na Encrucillada» con Agustín Hernández

O Presidente do Partido Popular de Santiago e voceiro municipal asegurou en declaracións a Adiante Galicia que o partido “está realizando un traballo humilde e pegado ao chan” para resolver problemas coa intención de que “os cidadáns teñan claro que o PP é a mellor opción para gobernar”.

“Recoñecemos que cometemos erros pero estamos nun tempo novo”

“Nós recoñecemos que cometemos erros en Santiago pero estamos nun tempo novo e estamos traballando mentres Compostela Aberta está instalada na conformidade absoluta” sinalou Hernández.

Nunha nova edición das “Conversas na Encrucillada” que se pode escoitar ou descargar aquí, o voceiro popular denunciou que “despois de algo máis de nove meses hai unha fonda decepción na cidade que está paralizada, con moitos problemas sen resolver e que está perdendo o ritmo que tiña fai un ano”.

“É un clamor na cidade o descontento co goberno”

Entre os problemas existentes,  Agustín Hernández referiuse “á empresa de turismo ou o refuxio de animais, onde despediu a xerente sen ter unha alternativa, nos comedores escolares onde demostrou a incapacidade de adxudicar un concurso, a escola infantil, o alumeado de nadal, as relacións coa igrexa, ou a paralización de obras”. Para o líder dos populares composteláns “é un clamor na cidade o descontento cun goberno que está máis en temas mediáticos e de política xeral que nos veciñais”.

A abstención permanente do Partido Socialista

Pero neste diagnose repartiu responsabilidades e apunto cara o PSOE de Paco Reyes:”Compostela Aberta e o PSOE son corresponsables da situación. CA como responsable do goberno e o PSOE como garante de que o goberno poda seguir dirixindo a cidades desde unha posición minoritaria”.

Neste senso reprochou que “a abstención permanente do PSOE» naqueles temas imprescindibles  por exemplo para aprobar os orzamentos”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos