6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Muros declara preferente o uso do galego

Apróbase  a declaración de uso preferente do galego, ante as críticas de Partido Popular e PSOE, que se abstiveron. Compromiso por Galicia e o BNG votaron a favor.

Adaptación do regulamento que existía

A iniciativa de Compromiso por Galicia logrou aprobarse co apoio do BNG e coa abstención de PP e PSOE. Segundo a alcaldesa, María Xosé Alfonso Torres(CxG) o obxectivo fundamental é adaptar o regulamento que existía a normativa posterior, en determinados aspectos como a “non utilización dunha lingua sexista” ou recoller outros aspectos da normalización do idioma.

 

PP e PSOE critican a iniciativa de Alfonso

Para a popular Inés Monteagudo “non é unha cuestión prioritaria, porque o uso do galego xa está normalizado no concello” e recriminou ao goberno de Compromiso por Galicia “actuar pola súa conta” e “gobernar cara á galería con actuacións cosméticas”.

Aínda máis críticas foi a voceira do PSOE, Caridad González que advertiu que este novo regulamento podería ser “anticonstitucional” e se ben apoiou o fomento do galego opúxose a “que se recorten dereitos” as persoas que queiran expresarse en castelán, como por exemplo na atención telefónica.”Esta é unha forma velada de prohibir o uso das dúas linguas e nós queremos que haxa liberdade” sinalou González Cerviño.

Compromiso e BNG votan a favor

O voceiro do BNG, Manu García lamentou que o regulamento non “fora pactada” pero expresou o seu apoio a proposta. Dixo sentirse “atónito” pola intervención “reaccionaria” do PSOE.

A alcaldesa galeguista de Muros aclarou que “non se vai a prohibir nada” e ante preguntas do PP, informou que non existe memoria económica no documento porque “non hai ningunha repercusión  económica prevista a curto prazo”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos