20 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia»

Iria Quintáns París, a  artista das Maroñas(Mazaricos) debutou na verbena galega coa orquestra Gran Parada. E falou con Xosé Manuel Lema nunha entrevista que publicamos en Adiante Galicia.

P-Como foi a estrea na orquestra Gran Parada?

R-A estrea é que foi moitísimo mellor do que me esperaba. Porque era o meu primeiro día na verbena galega, e nunha orquestra coma Gran Parada… aparte de ser o estreo tamén da orquestra, os nervios estaba a flor de pel (risas) pero a verdade é que moi ben. Sentinme moi a gusto cos meus compañeiros e quero seguir disfrutando desta gran experiencia.

P-Pensáchelo moito antes de decidirte a dar o salto ao mundo da verbena?

R-Teño que dicir que si é certo que noutras ocasións, ven cando saín de “Luar”, ofrecéronme estar nalgunha orquestra, e si o pensara moito porque estaba centrada nos meus estudios. 

Pero a verdade é que desta vez non. Tiña ganas de facer algo distinto. De aprender algo diferente e o máis importante, facendo o que mais me gusta e sobre todo cando me chamaron de Gran Parada, que sempre a admirei e gustoume moito o seu traballo, non o pensei nin dúas veces.

P-Supoño que estes últimos meses serían de moito traballo nos ensaios…

R-Sí.A verdade é que están sendo meses de moita dedicación, esforzo e traballo, pero merece moito a pena porque logo iso vese recompensado no esceario.

P-Tes moitas ganas de actuar pola zona?

R-Faríame moitísima ilusión tocar pola zona da Costa da Morte, zona a que un día representei.. e zona na que nacín e me criei. Sería algo marabilloso e emocionante.

P-Cóntame un paxariño que o espectáculo de Gran Parada este ano é moi potente…

R-Na miña humilde opinión penso que este ano Gran Parada vai dar un cambio cheo de enerxía e frescura, conservando a esencia da orquestra pero cun punto de vista máis innovador e enfocado para tódolos públicos.

A verdade é que estamos ensaiando e dando todo cada un de nós para que sexa un espectáculo máxico e grandioso. Quero engadir que estou moi contenta de formar parte desta gran formación cunha banda tan consolidada como a que teñen, e cunha dianteira cargada de xente moi profesional e con tantas ganas de traballar e dalo todo.

E sobre todo, con tan boas persoas que forman este equipo. Desde aquí quero animar a toda a xente a que nos veña a ver e como di o nome da nosa xira #descubrelotumismo. Así que terán que vira para descubrilo.

Fotos- Facebook Gran Parada-

Portada- Paula Sara Araújo

Interiores 2 e 3 – José Vilar –

Interior 4- Gran Parada

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos