3013 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

"Converxencia 21 fai propostas en positivo e sen enganos"

"Converxencia 21 fai propostas en positivo e sen enganos"

Entrevistas | Publicada: 15/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
28
6
1

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 52 segundos.

Garcilaso de la Vega é o candidato de Converxencia 21 á presidencia da Xunta de Galicia e encabeza a lista pola provincia de Lugo. Entre as súas propostas prioritarias está liberar ás empresas dos atrancos burocráticos que existen na actualidade. Este foi o resultado da entrevista no Adiante Galicia.

P-Hai un sitio relevante no mapa político galego para unha forza como Converxencia 21 cando as posicións galeguistas e nacionalistas están claramente escoradas cara á esquerda?

R-Nós entendemos que si. De feito, Converxencia 21 fundouse para darlle unha opción nova a todas aquelas persoas galeguistas que non concordan co monopolio que a esquerda se adxudica no eido do galeguismo. Este monopolio foi moi prexudicial e, ao noso entender, levou o galeguismo á situación actual na que se atopa.

P-Dáme unha ou dúas razóns para votar por Converxencia 21?

R-Converxencia 21 non fornece de solucións doadas porque non fucionan. Estamos nun intre de mude e as solucións doadas que ofrecen os demáis partidos só levan á decepción. Somos os únicos que dicimos isto porque apelamos á razón, non á emoción. Neste eido, Converxencia 21 fai propostas en positivo, sen enganos, sen prometer o que sabemos que non imos poder cumprir. Somos diferentes.

P-Non contemplaron a posibilidade de promover alianzas con outros partidos para estas eleccións? 

R-Por suposto. Converxencia 21 é un partido que sempre está disposto a falar e a promover alianzas con outras forzas. Nós fomos uns dos promotores do foro de diálogo para a confluencia do galeguismo de centro e temos abordado outros intentos de alianza ao longo da nosa historia. A día de hoxe tal cousa non foi posíbel por distintas razóns mais a nosa porta sempre está aberta para falar con outras forzas.  

P-Se o 25S Converxencia 21 tivera presenza no Parlamento de Galicia cales serían as vosas propostas ou demandas preferentes?

R-As nosas propostas están no noso programa electoral que temos colgado na nosa web www.converxencia.gal. Convidamos aos lectores a visitala.

Como medida prioritaria demandariamos medidas para deixar as empresas prosperar. As empresas non poden atopar unha chea de atrancos burocráticos á hora de desenvolver a súa actividade. Hai que poñerllo doado, é o único xeito de crear un tecido productivo no país que nos leve a rematar coa lacra do paro e a unha maior prosperidade.

P-Como está sendo a vosa campaña?

R-A nosa campaña está a ser unha campaña ilusionante. As eleccións sempre son un escaparate de primeIra para poder facer chegar a nosa mensaxe aos cidadáns, para dicirlles que hai outras opcións alén do de sempre. Por iso estamos a centrar a nosa campaña en facer propostas, en explicar que é o que nós fariamos no caso de chegarmos ao goberno. 

P-Por último déixolle este espazo para que vostede traslade aos nosos lectores o que considere oportuno.

R-Dende Converxencia 21 queremos dicirlle aos cidadáns que o día 25 vaian votar. Sabemos que dada a situación política actual moita xente pode estar un pouco desalentada tendo en conta a irresponsabilidade doutras formacións que pasan o día falando de diálogo mais que non son quen esquecer as súas liñas vermellas. Mais estas son outras eleccións, son as eleccións galegas e xogámonos moito nelas. 

Xogámonos seguir co de sempre, implementar medidas mil veces postas en práctica e mil veces fracasadas ou implementar algo novo, o que ofrece Converxencia 21. Xa que logo, apelamos os cidadáns a que escoiten as distintas formacións que nos presentamos para poder tomar o 25 unha decisión informada. O cidadán é sabio e sabe separar o gran da palla.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis
Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Multitudinaria despedida a Jesús Nieto Baneira

Los restos del sacerdote Jesús Nieto Baneira ya descansan en el cementerio de la parroquia de San Vicente de Cuns, desp…

Ler máis
Compromiso prepara o seu segundo Congreso Nacional

Compromiso prepara o seu segundo Congreso Nacional

“Renovando o galeguismo” é o lema elixido para o conclave que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro de 2017. …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información