6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

“Queremos acabar cos luxos da clase política e cos chiringuitos»

Entrevista a Jorge Álvarez(Cidadáns-Centrum).

Hoxe publicamos a entrevista que lle fixemos a Jorge Álvarez Castrillón que é o candidato á presidencia de Galicia pola coalición entre Cidadáns de Galicia e Centrum, este último partido formado por militantes que abandonaron Ciudadanos. Defínense como unha coalición de centro que aspira a gobernar Galicia xa que para Álvarez o goberno do PP foi de parálise e fachada e as forzas da oposición pretenden coller o relevo para facer o mesmo.

P- Como afrontades esta campaña electoral?

R-Pois con moita ilusión e con ganas e poder convencer aos galegos e galegas de que en política non todo está perdido e que a pesar dese hastío que senten agora coa actual clase política se pode recuperar a confianza  e as ganas de cambia as cousas, pero sempre desde a participación cidadá.

P-Que valoración nos podes facer do actual goberno galego?

R-Non fixo nada, todo é unha fachada e creo que realmente Galicia non se merece o tempo de parálise que viviu nos últimos tempos. A crise non é escusa para  a perda de calidade de vida que tivemos os galegos e as galegas. Como traballador autónomo, esforceime coma o que máis para sacar este país adiante, sobre todo, nesta recuperación que nos queren facer crer que hai, pero a realidade é que os servizos públicos, a educación, a sanidade, a dependencia, a atención aos nosos maiores, o emprego, as infraestruturas, o desenvolvemento económico aínda ten moito que recuperar para volver aos niveis anteriores e para ofrecernos aos galegos as prestacións que nos merecemos.

P- E da oposición?

R-A oposición está esperando o relevo para facer o mesmo, porque son iguais, son o mesmo can con distinto colar. Os galegos e as galegas queremos baixar a clase política do ceo e que poñan os pés na terra como o resto dos mortais e Cidadáns Centrum somos a única opción que o quere facer.  Creo, que a clase política galega, en xeral, perdeu o sentido do que verdadeiramente era importante para os galegos. É curioso como temas como conciliación, dependencia, poder adquisitivo, rendas familiares, mellora das pensións, etc. só saen a relucir en época de campaña electoral. Habería que ver cántas proposicións parlamentarias se presentaron ao redor destes grandes temas nos últimos catro anos.

Estes días estou percorrendo Galicia e en todas as cidades e en boa parte das estradas que percorro atópome con treitos en obras, cando outros anos, en pleno verán nin sequera había cuadrillas municipais para limpar as cunetas. E non son eu só o que se da conta disto. Cada día, máis persoas coas que falo mo din e me trasladan o fartos que están de que se utilicen os seus votos.

P- Se fórades chave optaríades por pactar co PP ou coas demais forzas nunha coalición?

R-Cidadáns Centrum opta a presidir a Xunta de Galicia cun proxecto propio que ningún partido quere ofrece e no que coinciden todos os cidadáns: acabar cos luxos e os privilexios da clase política y cos chiringuitos institucionais que absorben miles e miles de millóns de euros en vez de destinalos a política social, emprego e desenvolvemento económico; pactaremos primeiro con calquera partido que queira facer isto e segundo que estea acorde co noso programa xeral. Se os galegos e as galegas queren que a clase política se sente a negociar, tal e como o fixeron os españois nas dúas últimas citas, Cidadáns Centrum sentarase e negociará en base a propostas de cambio. Non imos a mercadear cos nosos votos. Se logramos a confianza dos galegos, defendemos as posición que nos fixeron dignos deses apoios, senón estaríamos traizoándoos e traizoando aos principios que defendemos.

P- A vosa coalición e unha especie de Ciudadanos en versión galega?

R-A nosa coalición está formada por dous partidos de centro, un como Cidadáns de Galicia que xa leva un tempo constituído e outro coma Centrum de recente creación. Pero estamos moi orgullosos de ternos presentado xuntos a estas eleccións porque desde o primeiro momento atopamos puntos en común e posicións similares ante os problemas dos galegos.

PDime dúas ou tres medidas que considerades fundamentais para mellorar Galicia.

R-Coma dicía antes, o primeiro de todo que e o mais rápido e sinxelo, é acabar cos luxos e os privilexios da clase política; a rexeneración democrática si ou si sobre a base da participación da cidadanía; creación de emprego e mellora do tecido produtivo galego con políticas activas que aposten polos traballadores autónomos e por sectores senlleiros na Comunidade coma o lácteo,a pesca, o naval  ou o téxtil, entre outros e medidas que atallen a crise demográfica que vivimos.

P-Dáme un motivo para votar Cidadáns-Centrum o vindeiro 25 de setembro?

R-Somos un partido de xente da rúa, que vivimos os problemas directamente e que só quere que se fale do que verdade nos preocupa e nos ocupa: os problemas das familias para chegar a fin de mes, a dificultade para pagar as vacinas dos nosos fillos, os libros e o material escolar e a educación para que teñan un posto de traballo, a emigración dos nosos titulados e investigadores que non atopan oportunidades en Galicia, os problemas de conciliación das familias, a sanidade que non cubre as nosas expectativas, os nosos maiores que renuncian a un envellecemento activo para ocuparse dos seus netos porque os pais teñen que traballar, etc. Imos reducir todo o gasto político en favor da política social; é dicir, que os impostos que págamos se destinen para dar un servizo aos cidadáns, non para engordar políticos parásitos que son os causantes dos nosos problemas. Cidadáns ricos, políticos pobres e non ao revés como nos ten acostumados a vella política.

Os políticos tradicionais céntranse unicamente en gastar o diñeiro dos cidadáns en políticas de costas a eles e a nós preocúpanos moito máis como conseguir que os galegos teñan máis poder adquisitivo, liberdade e capacidade de manter aos seus fillos. 

P-Por último, deixolle este espazo para que lle transmita o que desexe aos lectores de Adiante Galicia

R-Que pese ao hastío que poden sentir ao ter que votar unha vez máis, o seu voto conta máis que nunca e que sexan conscientes de que a súa voz e a súa opinión, expresada nas urnas, pode cambiar a realidade do seu día a día. E nós, Cidadáns Centrum estamos aquí para facelo.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos