3021 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Formula Hit
Comercial Rodriguez

"O PP non cumpriu con Galicia e a oposición non existiu"

"O PP non cumpriu con Galicia e a oposición non existiu"

Entrevistas | Publicada: 11/09/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
17
4
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 7 minutos e 15 segundos.

Eladio Fernández é o presidente fundador e candidato por Ourense de Vía Nova, un partido que se define centrista. Fernández critica ao PP que actúa como unha sucursal de Madrid pero tamén a oposición, que lle parece inexistente. O lema de campaña é “Basta xa de calar” e este foi o resultado da entrevista para Adiante Galicia.

P-Dame un ou dous motivos para votar a Vía Nova.

R-

1. É un partido de ámbito galego, que quere traballar para respaldar un Goberno reiteradamente galego, deixando de ser unha mera delegación de Madrid en Galicia como ata o de agora.

2. Queremos representar o profundo sentir da maioría dos galego, dicindo a verdade e contando coa xente, xa que nacemos dende a base social galega, sabendo que se abre un novo tempo para Galicia e que só a unidade da maioría dos galegos crendo nun proxecto común pode sacarnos adiante nunha situación económico-social tan difícil, xa que ninguén vain vir salvar Galicia, se non o facemos os galegos. 

P-Como definirías ideolóxicamente a Vía Nova?

R-VÍA NOVA é un partido político de ámbito galego, de centro, como espacio no que  mellor nos sentimos o maioría dos galegos, para defender o noso e a nosa identidade como país, aínda que cremos convinte a integridade do Estado, firmemente integradores e europeistas, sen dependencias de gobernos-delegación de Madrid.

 P- Algunha proposta coa que pensades que se podería mellorar a vida no noso país...

1. Defensa e fortalecemento da identidade galega, cultura, lingua, costumes como paìs 

2. Un Plan Económico Marco Galego, transversal que abrangue os sectores básicos da industria, agro-gandeiro, pesca, turismo e sectores emerxentes.

3 A posta en marcha dun plan de choque e urxente para evitar a emigración dos mozos mellor formados

4 A planificación social e dos servizos básicos, dende a eficencia e como dereito dos cidadáns

5 A racionalización da administración galega ( incluíndo  fusións  dos concellos, servizos das deputacións....)

6 O remate das infraestructuras estratéxicas galegas

7 O cambio de mentalidade acabando cos localismos que tanto dano fixeron a Galicia.

P-Que pensades do actual goberno galego?

R-Que non cumple as funcións dun goberno galego, senón de unha sucursal do P.P para controlar, con preto de 9.000 mill. de euros por ano, a política clientelar que o PP ten montada en Galicia dende décadas o redor das deputacións e concellos,, que se especializaron en fabricar maiorías absolutas, para presentar como botín en Madrid, contando co voto cautivo masivo nas zonas máis deprimidas de Galicia,  e tendo como resultado os medidores económicos comparativos que só demostran decadencia económica galega,  avellentamento e despoboación , comparando co resto de España e de Europa. 

  P-Como valorades a oposición?

R-En Galicia a oposición non existiu, só se adicaron a facerse oposición mirándose o embigo, desentendéndose do interés por Galicia, co cal  o PP "campou ás súas anchas". Non existiu en Galicia, por desgraza, unha oposición seria, informada, de con vocación de servizo público ciudadán e querendo ser alternativa de goberno. 

P- Por último, deixamos este espazo para o que queirades engadir de xeito breve..

R Galicia ten que estar por encima de todo. Os galegos estamos sufrindo unha crise moi profunda, o paro dos mozos é un atentado o noso futuro como pobo de progreso. O tecido industrial está en fase decadente, o financiero desapareceu por completo, as grandes empresas son absorbidas por foráneas,  as principais infraestructuras sen acabar. Con todo isto temos ás portas as eleccións máis determinantes para Galicia dende o inicio deste último periodo constitucional. A vista dos feitos cremos necesario novas formas de gobernar, que conten coa xente, dicindo a verdade, xa que é cousa de todos.

 " BASTA XA DE CALAR" , o noso lema de campaña ven a reflexar a necesidade do cambio social da sociedade galega, por o trato discriminatorio con Galicia e por  débeda histórica con este país. Por iso queremos comenzar un novo camiño ( Vía Nova) en Galicia.Galicia necesita un liderazgo enteiramente galego, só os galegos podemos salvar Galicia. Vía Nova vai traballar para convencer á maioría de galegos con argumentos sólidos, serios e razonables que axentes políticos, empresarios e cidadáns, temos que unir esforzos para empezar a saír desta.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Descubren huesos humanos en Cereixo

Descubren huesos humanos en Cereixo

Obras de desbroce descubren huesos humanos y el muro de la antigua necrópolis de Cereixo   Rafael Lema Unas…

Ler máis
El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

La mini-serie de Telecinco recuerda unos años en los que se asesinó al porteño Manuel Lemus Noya// El xalleiro José …

Ler máis
 Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns París, a  artista das Maroñas(Mazaricos) debutou na verbena galega coa orquestra Gran Parada. E falou …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información