6.4 C
Santa Comba
martes, marzo 19, 2024

«Nestas eleccións o PACMA estará no Parlamento de Galicia»

Sheila García Núñez é a candidata número un do Partido Animalista pola provincia de Pontevedra. Unha opción política que vai “in crescendo” elección tras elección. Falamos con ela no Adiante Galicia.

P-Nas eleccións autonómicas de 2015 obtivestes 8.000 votos pero nas últimas xerais xa chegastes a 16.656 votos. Pensas que Pacma acabará entrando no Parlamento de Galicia?

R- Penso que PACMA xa tivera que estar dentro do Congreso. É un Partido que medra comicio tras comicio, e que cada día contamos con máis simpatizantes. É una forza imparable que seguirá medrando. 

Nestas eleccións autonómicas o Partido Animalista penso que  terá un sitio no Parlamento de Galiza. O número de votos e as persoas que nos seguen avalan o noso traballo e esforzo para darlle voz aos sen voz.

P- Dime algunha medida que defenderiades no Parlamento se obtiverades representación?

R- Como en cada comicio, PACMA será a única forza política que aposte decididamente pola loita en contra do maltrato animal, e que plantexe no seu programa electoral solucións concretas para cambiar a situación na que viven os animais tanto en Galiza como en Euskadi, así como propostas para alcanzar unha sociedade máis xusta, saudábel e solidaria para todos.

As cinco propostas xerais que presenta o Partido Animalista serían:

1.    Prohibición de todos os festexos nos que se utilicen animais.
PACMA non entende o ocio a costa do maltrato animal, ou calquer outro tipo de violencia.

2.    Loita polo fin do abandono de animais e o sacrificio cero, co fomento da adopción, a esterilización e o fin da compra e venta de animais.
O número de cans, gatos ou animais doutras especies considerados domésticos que se abandoan, sofren maltrato ou morren en terribles condición sao longo do ano é elevadísimo. Dende o PACMA queremos que este número de mortes inxustas sexa cero.

3.    Fin da caza e especial protección ao lobo.

Por culpa da caza, os animais son espantados innecesariamente, o que a miúdo aumenta máis a súa necesidade de alimentarse e con elo os danos causados. Con frecuencia os danos a persoas ou cousas provocados polos cazadores son máis grandes cos causados polos animais á agricultura. Isto só é un pretexto dos cazadores para aumentar a tempada de caza ou maiores cuotas de disparos.
Ademáis, os novos planteles ou plantación xove de bosque pode ser protexido dos mordiscos dos animais, de venados… por medio de vallas ou redes protectoras. Os “destrozos por forraxeo” no bosque e no campo suceden porque aos animais non se lles deixa nada máis… e é moi triste.

Antigamente, durante a cosecha, quedaban no chan dos campos grans ou patacas, sempre había algo para os animais. Agora a causa das máquinas modernas, non queda nada de sobra, quitámoslles cada gran. Antes, os animais de caza podían pasta nas superficies dos prados. Hoxe, os prados tamén son cosechados ou segados…

Cultivábamos de forma natural, agora enevenenamos mediante herbicidas e abonos químicos.O cazador “regula” o desequilibrio; se os animais entran no campo a buscar alimento son matados a tiros.O espazo vital dos animais redúcese día a día.A caza significa una destrucción do equilibrio natural do ecosistema. Pode chegar a exterminar especies de animais. Os cazadores son uns aproveitados da natureza e non uns protectores como nos queren facer crer. Por non falar do amor que din ter hacia os seus cans…

Por outro lado, o Partido Animalista ve moi importante crear medidas de protección hacia o lobo, víctima da estigmatización administrativa e social, causada principalmente polas institucións que promovena súa caza a instancias do sector cinexético e ao amparo das históricas denuncias do sector ganadero (moitas delas, falsas), cuxos intereses non van máis aló das indemnizacións.

4.    Fomento das enerxías renovables e loita contra os incendios.

Dende o PACMA defendemos o modelo enerxético sostenible e ecolóxico baseado mno aforro e nas enerxías renovables.
Tamén cremos que a mellor forma para combatir os incendios forestais é evitar que se produzcan, priorizando labores de prevención.

5.    Pola igualdade e contra a violencia machista.

Se hai una cousa clara é que o Partido Animalista non cree na discriminación por razón de xénero, e que avoga por unhas medidas en contra da violencia machista.

Diariamente moitas persoas son acosadas , insultadas ou vexadas públicamente e inclusive algunas agredidas e, en casos extremos, asesinadas por ser catalogadas como “diferentes”.

P-Entendo que se o PACMA se segue presentando ás eleccións é porque non hai ningunha forza política que vos represente non?

R- PACMA sempre está aberto a escoitar propostas doutros partidos, e ao longo do tempo mantivemos conversacións con outras formacións, pero ata o momento non atopamos posible esa confluencia por non poder certificar a nivel programático eses mínimos irrenunciables en defensa animal.

Nestos momentos, o Partido Animalista é a única opción política que defende a todos os animais sen condicións.

PACMA é o partido que representa aos sen voz, e ata o momento, seguimos non hai ningún outro partido cos represente.

P-En Galicia un dos debates é o referido á protección do lobo. Cales son as vosas propostas?

R-Unha das cousas máis importantes é a declaración do lobo como especie de máxima protección e que sexa una especie incluída nos Catálogos de Especies Ameazadas das Comunidades Autónomas.

Para loitar contra a súa extinción é necesario a derogación inmediata dos cupos de caza do lobo, e implantación de Planes de Protección específicos deste mamífero.

Tamén é necesario promover acción contra o furtivismo e os envelenamentos e fomentar a educación e concienciación sobre a importancia ecolóxica dos grandes depredadores, en particular do lobo. E asesorar e informar aos ganadeiros para protexer aos seus animais, por exemplo, recuperando a figura do pastor.

P- Que propoñedes para acabar cos lumes en Galicia?

R-Como ben dixen antes, a mellor forma de combatir os lumes e evitando que se produzan. Sen embargo, as Comunidades Autónomas, están recortando os seus presupostos nesta materia, recortando en persoal. 

PACMA aposta por invertir máis recursos e extender o período de risco, entre outras propostas.

Defendemos as seguintes medidas:

–    Dedicar á prevención o dobre de recursos económicos, que están sendo destinados á extinción.

–    Non realizar recortes nin en persoal nin en material na loita contra incendios forestais.

–    Ampliar o período máximo de risco de incendios, de forma que sexa do 1 de Xuño ao 30 de Outubro. Quedando prohibida a queima de rastroxos, as queimas para a obtención de pastos e o acceso de vehículos a motor por zona forestais, salvo para labores de vixilancia e protección.

–    Adoptar medidas de prevención nos núcleos urbáns, urbanizacións e residencias existentes en zonas forestais, encaminadas a informar aos seus habitantes do risco existente.

–    Intensificar os traballos de investigación tras un incendio para determinar o orixe e a autoría do mesmo.

–    Talar e triturar as árbores queimadas no propio lugar do incendio, co obxectivo de evitar a comercialización de madeira queimada.

–    Prohibir a pirotecnia.

P-Por último, deíxote este espazo para que engadas o que queiras

R-Simplemente gustaríanos cos lectores que non coñecen PACMA entren na nosa páxina web para ler as nosas propostas para estas eleccións autonómicas. Ó contrario do que moitos medios queren transmitir, non só hai catro opción de voto. Calquer cidadán preocupado pola situación dos animais na nosa Comunidade, consciente de que ninguén vai facer nada por eles e con ganas de prestar o seu voto a que non ten voz, pode votar a PACMA.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos