11.3 C
Santa Comba
martes, abril 16, 2024

«Galicia vive nunha democracia ficticia, as leis oprimen ó pobo»

//O Partido Anticorrupción preséntase pola catro provincias galegas// Entrevistamos ó candidato por Pontevedra, Luís Calvo//

Camilo Conde López(A Coruña), Marcos García Diéguez(Lugo), Jorge Carreira Fernández(Ourense) Luís Calvo Miguélez(Pontevedra) son os catro cabezas de lista do Partido Anticorrupción Y Justicia(PAYJ) que se estrea nestas eleccións. En Adiante Galicia conversamos co seu candidato Luís Calvo.

P-Porque decidístedes presentarvos?

R- Porque consideramos que a realidade sociopolítica que se está evidenciando dentro de Galicia e unha razón de necesidade de crear este partido cun criterio propio e autonomía propia, para propiciar solucións que Galicia necesita agora mesmo. Tamén vemos imprescindible devolver a dignidade a cidadanía. Estamos dispostos a liberar Galicia do actual sistema que a esta sometendo.

P-Sodes un partido novo e pequeno pero que logrou presentar candidaturas nas catro provincias….

R- Dende logo, os apoios están aí, a xente está farta de promesas incumpridas, entón topan este partido diferente os da vella garda, que di as cousas sen complexos e baseándose na realidade da situación na que se encontra Galicia. Non houbo ningún inconveniente en atopar os apoios necesarios. Cada dia somos máis.

P-Como vedes a política galega na actualidade?

R– A política galega na actualidade non existe, vivimos nunha democracia ficticia, necesitamos un xiro de 360º. Somos partidarios de que as leis deben ser aprobadas en votación popular. Os políticos non deben de ter ningún privilexio mais ca outro cidadán. As actuais leis oprimen o pobo galego. Os políticos teñen que estar o servizo do pobo e non o pobo ser os plebeos dos políticos que se creen os señores feudais.

P- Por favor, de xeito breve, dime dúas ou tres propostas do voso partido.

R-

a) Queremos levar a cabo unha ampla remodelación das estruturas administrativas e políticas, que estará entre o 50% e 60% do persoal.

b) Eliminar por completo as deputacións galegas, que o noso punto de vista son un epicentro de corrupción e amiguismo.

c) Os concellos terán a obriga de presentar un informe detallado das súas contas, demostrando así o porque de tanta débeda. Eses informes serán analizados por expertos de anticorrupcion da Garda Civil e Policía. O mesmo tempo os concellos renderán contas por escrito con todo detalle ós seus cidadáns.

P- E por último dáme algún motivo para apoiarnos o 25S

R- Porque somos un partido totalmente san cas ideas claras, e como se pode ver nas nosas propostas, so queremos implantar xustiza na sociedade e facer unha Galicia libre sen opresión. Erradicaremos o Caciquismo.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos