3021 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

"O aforro que logramos permítenos agora investir en Neda"

"O aforro que logramos permítenos agora investir en Neda"

Entrevistas | Publicada: 31/08/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
105
7
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 23 segundos.

Ángel Alvariño Saavedra(PSdeG) é o alcalde de Neda desde as últimas eleccións municipais. Adiante Galicia quixo coñecer a actualidade deste municipio. Esta foi a conversa co rexedor.

P-Que balance fas deste primeiro treito de lexislatura?

R- O balance é positivo. Hai determinadas cuestións que están pendentes de solucionarse como os servizos de podoloxía e fisioterapia, por normativas supramunicipais como a lei de racionalización de facendas locais. Outro tema pendente é o Plan Xeral, como xa denunciábamos desde a oposición. Neste caso dáse unha situación un tanto esaxerada porque faltan nove informes da Xunta. O concello fixo os deberes. 

Desde o goberno local baixamos os impostos, anulamos a subida do valor catastral un 10% cada ano ata o 2018. E puxemos as bases para as melloras na contorna do concello, que se comezarán a ver proximamente. Falamos dun investimento de máis de 400.000 euros para melloras de camiños, da Casa da Cultura, eliminación de puntos de vertedura desde o cemiterio de San Nicolás ata a vía do tren, ou a conexión da depuradora na zona do Puntal e de Neda.

P-Parece que unha das preocupacións máis grandes do alcalde neste tempo foi a racionalización do gasto.

R-Queremos facer unha boa xestión económica.Anulamos as dedicacións exclusivas, o posto de secretaria particular e a praza de ADL que era un servizo impropio do concello e que tiña informes en contra de intervención. Baixamos as percepcións por asistencias a xunta de goberno e as comisións de delegados de área nun 17%, quitamos os teléfonos a tódolos políticos, e por exemplo no último ano non houbo nin unha soa comida institucional con cargo ao concello. Fixemos un aforro importante que permitirá investir en Neda. Isto tamén nos permitirá amortizar preto de 300.000 euros de débeda.

P- E hai apoio das institucións?

R-A Deputación provincial da Coruña concedeu máis de 300.000 euros de axudas no presente ano, que nos permite realizar distintas actuacións, como por exemplo a mellora dos accesos a unha zona emblemática como é a Fervenza do Belelle, por onde hoxe en día non poden acceder nin as cabras.

Imos asinar un convenio nos vindeiros días coa Xunta para rematar a escola infantil, pero tamén lle pedimos ao conselleiro de Política Social que Neda ten que entrar no Consorcio Galego de Benestar.A escola infantil e o Plan Xeral tiñan un déficit importante de xestión, o que me leva a pensar que se fixo máis que nada para pasar as eleccións municipais que outra cousa.Tamén temos un problema que ven arrastrado do anterior goberno, cunha subvención de 20.000 euros para a Casa do Concello. Estamos pendentes dun recurso.

P- Podemos dicir entón que Neda é un concello politicamente tranquilo

R-Sí. A día de hoxe non hai ningún tipo de controversia con ninguén do equipo de goberno e hai unha relación cordial coa oposición. Temos as nosas discrepancias pero é normal.

Nós tentamos mellorar as cousas que estaban mal, como o servizo de parques e xardíns que era bastante deficitario. Apostamos polos procedementos de contratación abertos, que supoñen un retraso, pero xeramos un trinta por cento de aforro en camiños e obras, e que nos permitirá asfaltar as rúas Piñeiros e Lagareta. E isto é algo que nunca se dou en Neda.

P-Algunha obra ou proxecto que che gustaría levar a cabo?

R-Aínda que vai a ser difícil gustaríame acabar o Plan Xeral. Imos a pedir entrevistas co novo goberno da Xunta. Levar adiante o proxecto dos Subarreiros que podería estar feito nun ano, e mellorar tódalas vías do concello, que este ano se atrasaron polo orzamento. Vou a tentar que en oito anos poidamos ter aglomerados os cincuenta quilómetros de pistas que temos. Porque isto en catro anos vai a ser complicado.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Descubren huesos humanos en Cereixo

Descubren huesos humanos en Cereixo

Obras de desbroce descubren huesos humanos y el muro de la antigua necrópolis de Cereixo   Rafael Lema Unas…

Ler máis
El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

La mini-serie de Telecinco recuerda unos años en los que se asesinó al porteño Manuel Lemus Noya// El xalleiro José …

Ler máis
 Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns París, a  artista das Maroñas(Mazaricos) debutou na verbena galega coa orquestra Gran Parada. E falou …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información