3021 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

Abelenda:"Sigo bastante a actualidade política da nosa terra"

Abelenda:"Sigo bastante a actualidade política da nosa terra"

Entrevistas | Publicada: 03/08/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
7
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 6 minutos e 41 segundos.

O sindicalista xalleiro de Grixoa de Esternande, afincado en Suíza, Xosé Abelenda, visitou a redacción de Adiante Galicia para participar nesta entrevista. O ata agora secretario do Sindicato Unia en Biel e Seeland, vai a asumir unha nova responsabilidade no cantón do Jura e no sector da industria. Conversamos sobre a situación política de Santa Comba, as xubilación anticipadas e as pensións no país helvético e outros temas.

Escoita a entrevista completa

P-Aparte de vir con frecuencia estás conectado a actualidade da zona..

R-Sí que estou conectado a actualidade da nosa terra, de Xallas e de Bergantiños. Por certo, estes días estreei a autovía da Costa da Morte que está moito mellor que a “autocurva” que vai de Carballo á Coruña que por riba é de peaxe. O único que boto de menos é que xustamente Santa Comba non teña acceso, e que na miña aldea(Grixoa de Esternande) que está a un paso da Agualada, teñamos que ir por un paso de carros para enlazar coa autovía.

P-Xa en temas que afectan a nosa emigración ¿Estás satisfeito co convenio da xubilación anticipada no sector do xeso e da pintura?

R-A partires do un de xaneiro de 2018 xa poderán beneficiarse da xubilación anticipada. Os traballadores poderán retirarse os 63 anos cun 75% do salario e as mulleres con 62 anos. Podemos dicir que estou satisfeito aínda que a nosa proposta era de 62 e 61 anos respectivamente.

P-En España estamos falando da viabilidade do sistema de pensións  e en Suíza semella que se queren subir..

R-É unha iniciativa que será votada no mes de setembro. Esiximos que se suban un 10% e se adapten as pensións no primeiro piar.Cando o comparo co sistema español que está case na bancarrota, e nos din que a cousa vai ben, pois eu non o entendo. Non me cadran as contas. A xente ten que ter unha pensión digna porque para iso traballa.E paréceme unha auténtica barbaridade que se subirá a idade de xubilación dos 65 aos 67 anos, porque isto o que fai é aumentar o desemprego.

P- Hai un rumor sobre una nova responsabilidade sindical para Xosé Abelenda.

R-Sí é verdade. A partires do primeiro de novembro estarei no cantón do Jura. É un novo proxecto e unha nova vida que se plantexa, pero non quero perder contacto coa xente que me axudou e que participou nos grupos do ieso, pintura ou emigración, que eu xestionei e poden contar conmigo. Agora voume ocupar dun sector que me faltaba, o da industria.

P-Volvendo a Galicia, sabes que temos eleccións o 25 de setembro

R- Non me sorprendeu. Cando o lehendakari anunciou as eleccións, xa pensei que automáticamente se convocarían tamén aquí. É algo táctico que beneficia ós partidos estatais e non axuda moito ós partidos de ámbito nacionalista. Corremos o risco de que pasemos a un segundo plano na campaña. É unha mágoa a división do nacionalismo galego. Espero que as forzas que gañen fagan unha política realmente social e se preocupen da xente e que deixe de emigrar.

P-¿Cómo ves a actualidade política en Santa Comba?

R-Sigo bastante a política de Santa Comba.Somos un pouco o foco de atención.O importante aquí é que haxa un goberno forte, que nos deixemos de teatro e pasemos ós feitos que é o que lle preocupa a veciñanza. O que boto de menos é que non haxa un partido nacionalista presente en Santa Comba e que o BNG estea actualmente desaparecido en combate.

P-Recentemente entrevistamos nesta redacción ao tamén sindicalista Jesús Gómez Antelo, que deixou unha cantas louvanzas para ti.

R-Emocionoume porque é unha persoa que para min representa moitísimo. Foi el quen me apoiou e quen me descubriu. Sempre estivo aí. Gustoume escoita-lo. Quero darlle as grazas por confiar en min. Xesús Gómez foi un dos descuburdores dos fondos perdidos do segundo pilar e grazas a él moita xente recuperou moito diñeiro que non sabían nin tan sequera que existía.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Descubren huesos humanos en Cereixo

Descubren huesos humanos en Cereixo

Obras de desbroce descubren huesos humanos y el muro de la antigua necrópolis de Cereixo   Rafael Lema Unas…

Ler máis
El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

El padre de Caín recuerda unos años de plomo que dejaron huella

La mini-serie de Telecinco recuerda unos años en los que se asesinó al porteño Manuel Lemus Noya// El xalleiro José …

Ler máis
 Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns:”Quero seguir disfrutando desta experiencia"

Iria Quintáns París, a  artista das Maroñas(Mazaricos) debutou na verbena galega coa orquestra Gran Parada. E falou …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información