4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

«Queremos que a política sexa o verdadeiro servizo do pobo»

En Adiante Galicia seguimos dando voz ás forzas minoritarias que concorren ós comicios do vindeiro 26 de xuño. Hoxe publicamos unha entrevista coa candidata do Partido SAIn pola provincia da Coruña, Cristina Bandín Potel.

P-¿Como definirías ao Partido Sain?

R-O Partido SAIn está nas Eleccións Xerais “Ao Servizo dos Últimos”. Este lema quere dicir que nós entendemos a política como servizo, comezando polos problemas máis graves. E hoxe o problema máis grave é permitir a fame no mundo, unha auténtica barbaridade no século XXI.

A loita contra a fame e a explotación faise desde a política. Queremos que a política deixe de ser unha profesión moi ben pagada e pase a ser o verdadeiro servizo ao pobo que hoxe necesitamos e do que temos exemplos na historia de España.O Partido SAIn leva no seu nome os seus principios: solidariedade, autoxestión e internacionalismo. Está construido co traballo e as cuotas dos seus militantes, sen dirixentes nin subvencións.

P-¿Cales son os puntos fundamentais do voso programa electoral?

  R-O primeiro punto é a desaparición da fame e a solidariedade cos inmigrantes empobrecidos. Propoñemos investigar e publicar as condicións nas que as grandes empresas están saqueando aos países empobrecidos. Tamén rematar coa persecución aos inmigrantes a través de distintos institucións como o FRONTEX, ou o peche dos CIEs, entre outros.

    O segundo e terceiro puntos son en relación ao traballo, á explotación e á escravitude infantil. Salarios xustos, que permita a unha familia vivir de forma digna; lexislación e inspección laboral que garanta unhas condicións de traballo dignas, que persiga a economía somerxida, a explotación a través de cadeas de subcontratación.

    En canto á corrupción, tanto legal como ilegal, algunhas propostas son que os cargos electos cobren o SMI, que as súas cotizacións, xornadas laborais e pensións sigan os criterios que se aplican ao resto dos traballadores do Réxime Xeral da Seguridade Social. Eliminar as subvencións e a financiación pública para os partidos, sindicatos e patronais. Promover unha lexislación que en materia financeira impida, prohíba e sancione as prácticas usurarias do sistema bancario.

 Son dez puntos para seguir construíndose con todos aqueles que estean dispostos a traballar e empuxar estas prioridades, non son recetas dun “economista de prestixio”.

P-¿Nalgún momento baralláchedes a posibilidade de participar nalgunha candidatura de confluencia como por exemplo En Marea?

R-Queremos ser responsables cos votantes e fieis aos principios que dicimos, e non vemos que isto se dea noutras candidaturas.

A nosa formación pón en primeiro lugar ás persoas que sofren a fame e aos inmigrantes empobrecidos. É a súa razón de ser, non unhas liñas en política social. Optamos pola defensa do ben común desde a gratuidade e a política como servizo; comprometémonos a que os nosos cargos electos cobren o salario mínimo interprofesional. Son diferencias substancias. O voto a SAIn pretende outra política que hoxe non representan o resto das forzas que concorren ás eleccións.

P-Deíxote este espazo para que transmitas a mensaxe que queiras ós nosos lectores e lectoras

   R-A Democracia é máis que votar. Construir un mundo máis xusto é o mellor que podemos facer para invertir o noso tempo, a nosa vida. ¿Hai algunha tarefa máis importante, máis necesaria, máis entusiasmante?

O que vaia nesa dirección, o que constrúa SOLIDARIEDADE (compartir ata o necesario) é o realmente sólido, útil, serio. No SAIn hai persoas dispostas a levar a voz dos empobrecidos á política, xente que quere servir, un montón de familias empeñadas en levar ao Congreso e ao Senado, ás rúas, ás conciencias e ás urnas, a solidariedade. E precisamos que máis persoas se comprometan e constrúan con nós.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos