3024 fans     1097 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Comercial Rodriguez

Eduardo Parga:"Queremos seguir atendendo as demandas da xente"

Eduardo Parga:"Queremos seguir atendendo as demandas da xente"

Entrevistas | Publicada: 28/04/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
26
5
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 48 segundos.

Nesta ocasión visitamos Malpica nun día solleiro. No despacho da alcaldía agardaba Eduardo Parga Veiga, moi atarefado entre papeis, chamadas de teléfono e visitas de veciños. Na anterior visita gobernaba en coalición cun partido independente. Hoxe o Partido Popular ostenta a maioría. Este foi o resultado da nosa conversa.

Audio coa entrevista

P-A última vez que o entrevistei faltaban meses para as eleccións e había as dúbidas lóxicas.Pero finalmente acadou unha maioría absoluta.

R-Quedamos moi contentos porque creemos que foi un recoñecemento a unha labor de catro anos. O pobo entendeu que fixemos cousas por el e sempre resulta agradable.

P-¿Qué obxectivos se marca para este mandato alcalde?

R-O noso obxectivo é seguir co mesma traxectoria e tentar atender a xente e as súas demandas. Temos que rematar as grandes obras que se iniciaron na anterior lexislatura. A gardería xa está funcionando, a depuradora está na fase de probas e o centro de saúde de Buño que se porá en funcionamento para xuño ou xullo. Eran demandas de fai moitísimos anos.

P-¿Semella que vai a ser moi difícil manter es volume de xestión?

R-Tampouco hai as mesmas necesidades. Conseguir eses investimentos nunha época de crise non foi doado pero ás administración apostaron por Malpica.Pero agora seguimos demandando máis servizos como o do Centro de Día, que hoxe están máis pola labor de centros sociais. Nós xa llo plantexamos ao conselleiro José Manuel Rey e estamos traballando nese senso.

P-Parece que lle quere buscar unha solución a esa herdanza envelenada que recibiu en forma de piscina.

R-A piscina está aí. Falamos dunha infraestrutura moi custosa que hai que manter.Non podemos permitir que afecte a outros servizos de primeira necesidade porque os orzamentos son os que son.Estamos tentando arranxar coa igrexa o acceso porque non o temos, e despois rematala e abrila uns meses ó ano ou buscarlle unha fórmula para que non sexa gravosa para o concello. Pero teño claro que non se vai a abrir a piscina en detrimento doutros servizos como a recollida de lixo, o alumeado ou os servizos sociais ou a cultura.

P-Vostede non ten competencias pero é un sector moi importante aquí.¿Como están as cousas da xente do mar?

R-Están complicadas. Terían que darlle unha voltiña e escoitar tamén ós mariñeiros e os armadores e buscar consenso entre todos. A pesca cada vez é máis axustada pero habería que buscar fórmulas que satisfagan a todos.

P-Ó final Núñez Feijóo volverá a presentarse..

R-Non esperaba menos. Non o sabía pero agardaba que se volverá a presentar. É unha satisfacción e tamén unha garantía.

P-¿Qué é máis complexo estar aquí escoitando as demandas dos veciños ou petando nas portas das administracións?

R-As dúas cousas son complicadas.Fai anos era máis fácil conseguir recursos porque agora hai máis restricións. Aínda que eu non me queixo do trato porque sempre que petamos nas portas conseguimos algo.Aquí no concello, o que resulta difícil e dicirlle que non a un veciño ante unha necesidade.

P-O concello decidiu saír de Neria.¿Non lle ve futuro?

R- Neria está máis nunha fase de liquidación que doutra cousas. Non queremos eludir responsabilidades porque os concello que estaban ou que están temos as responsabilidade que temos. Pero estar pagando cotas nalgo que non funciona tampouco é normal.

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Naufragio sin víctimas en Malpica

Naufragio sin víctimas en Malpica

El pesquero “Siempre Urbegi” se hundió  en Malpica esta madrugada pero sus diez tripulantes fueron rescatados con …

Ler máis
Los rituales en San Campio se mantienen todo el año

Los rituales en San Campio se mantienen todo el año

//Los fieles siguen visitando la capilla de “Nosa Señora do Rial”, un entorno de rituales contra el “meigallo” …

Ler máis
La Fiscalía denuncia al alcalde de Ponteceso

La Fiscalía denuncia al alcalde de Ponteceso

//Según el CSIF, La Fiscalía provincial ha denunciado a Lois García por un presuntos delitos de prevaricación, coacc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

La AP-9 y el peso político

Nacho Louro

El Ministerio de Fomento ha decidido compartir con la Xunta la gestión de la AP-9 a través de la creación de una comisión bilateral, que empezará…

Nacho Louro
Ler máis

"Gin-goísmo":ou do nacionalismo expansionista e patriotero

Daniel Lago

Aos mais dos que fazerdes fronte a estas verbas, não vai-vos significar nada o termo, muito mais entroncado aos sítios de cultura anglófona, de jin…

Daniel Lago
Ler máis

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información