3018 fans     1095 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

"A persecución ilegal é a maior ameaza para o lobo"

"A persecución ilegal é a maior ameaza para o lobo"

Entrevistas | Publicada: 02/02/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
291
19
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 14 minutos e 27 segundos.

Miguel Mosquera pertence a ACOPO-Fauna. É un dos grandes coñecedores e defensores do lobo en Galicia. O seu meritorio activismo está espallado pola rede. En tempos nos que se fala moito de ataques do lobo ao gando e tamén da súa protección, quixemos coñecer a opinión deste experto. Este foi o resultado da conversa.

P- Cal é a situación actual do lobo en Galicia no tocante á súa presenza e en comparación a outros anos?

R-En canto á tendencia poboacional, o resultado do  censo do lobo do 2003 devolveu  a cifra de 60 grupos seguros e 8 probables. Actualmente, estamos agardando a publicación dos datos oficiais e definitivos da actualización do censo de poboación do lobo en Galicia (2013-2014 recollida datos, 2015 revisión). Os datos preliminares apuntan a 73 grupos (11 comparten territorio con Asturias, Castela e León e Portugal). Poderiamos pensar  nun estancamento da poboación ou nun lixeiro incremento, pero o certo é que pode ser todo o contrario. En primeiro lugar, saen máis grupos que no censo anterior, porque para o estudo actual tíñamos moita información de base acumulada (censo 2003, estudos de radio-seguimento, etc..). E en segundo lugar, temos que ser moi cautos á hora de interpretar o resultado, porque non é comparable co do censo do 2003 xa que houbo diferenzas significativas no esforzo de mostraxe.

O que non sabemos é se estes escasos 70 grupos son suficientes para garantir o futuro da especie a longo prazo. 

P-É o plan de xestión do lobo a ferramenta axeitada para a protección do mesmo?

R-O Plan de Xestión do Lobo é unha ferramenta necesaria como marco regulador para garantir a viabilidade da súa poboación e para fomentar a complexa coexistencia co home. O documento actual é moi mellorable, pero a realidade é que quedou ben sobre o papel, pero boa parte non saíu del. Na práctica non se aplican algúns dos aspectos  fundamentais recollidos que son críticos para a especie, como a loita contra o furtivismo (mortalidade ilegal superior ao 40%), favorecer a coexistencia co gando,  promover poboacións de ungulados silvestres onde sexa preciso, estudar o efecto barreira de vías de alta capacidade ou o impacto dos parques eólicos. Permite que se autoricen controis, que se maten lobos, por “danos recorrentes” ao gando. Pero dano recorrente por si mesmo non é un dato obxectivo, non é medible,  é algo totalmente arbitrario que responde á presión do sector gandeiro.

Nunha futura revisión habería que definir con números o concepto de dano recorrente, medidas concretas contra o furtivismo coma incluír a protección na época de cría (dende que nacen os cachorros ata que xa acompañan aos pais por todo o territorio) contra accións ilegais derivadas da caza non autorizando batidas neses lugares, maior vixilancia polos axentes na época de caza, revisar se a poboación actual é suficiente para garantir o futuro da especie, potenciar o correcto manexo do gando como a única medida eficaz para evitar danos vinculándoo a asignación de subvencións, e recoller medidas contra a destrución do seu hábitat (parques eólicos,..) e a súa fragmentación (autoestradas e autovías sen suficientes nin adecuados pasos de fauna, ...).

P- É certo que moitos dos ataques atribuídos aos lobos poden ser produto da acción de cans asilvestrados?

R-Na actualidade non podemos sabelo con certeza, faltan datos. Non hai medios materiais para determinar quen foi o responsable dun dano. Habería que recorrer a análises xenéticas, pero esta proba non está incluída no protocolo para a revisión dos danos ao gando. Sería unha boa medida para saber obxectivamente cal é o impacto real do lobo, que xa como moito afecta ao 0,062% do gando ( e aproximadamente ao 0,5% no caso do gando en réxime extensivo) e podería ser menos. 

En calquera caso, insisto en que a solución pasa por un manexo do gando adecuado. E este manexo habería que fomentalo, impulsar as boas prácticas dende a administración, e premiar aos gandeiros responsables que coiden aos seus animais. É o único camiño. Xa vimos como fracasaron medidas como a subvención directa por danos ao gando ou a morte de lobos por danos.

P-Nas propostas de ACOPO Fauna que se canalizan a través da plataforma Change, piden estudar as batidas de xabaríns porque poden afectar aos lobos. Esta relación pode facerse só entre especies de caza maior ou por exemplo se hai unha batida de raposo estes tamén poden provocar o movemento do seu hábitat de xabaríns e lobos? 

R-A día de hoxe a persecución ilegal que sofre a especie segue a ser a maior ameaza ao seu futuro. O reto será conseguir que a administración entenda o problema, e reaccione. É preciso implementar medidas decididas para protexer ao lobo. Calquera acción de caza supón un risco para calquera animal silvestre, pero no caso dos lobos, as batidas ao “xabarín” implican un risco altísimo. 

Nos últimos anos comprobamos en primeira persoa como a Xunta tendo localizados aos lobos, autoriza nos lugares de cría batidas ao xabarín, e estas convértense en cacerías ilegais ao lobo. Van directamente a por eles cando son máis vulnerables, onde os cachorros se atopan indefensos e sen posibilidade de fuxir. É moi triste e frustrante ver cómo despois destas batidas desaparecen familias completas de lobos.

Xa lle trasladamos á administración esta problemática en anos anteriores, pero mirou cara outro lado. Pero imos coller todos os datos que temos, o respaldo de milleiros de persoas que están apoiando a iniciativa de ACOPO FAUNA en change.org , e as nosas propostas para pólas enriba da mesa  da Xunta: Non autorizar batidas no lugar de cría do lobo ata polo menos o mes de novembro (cando os cachorros xa se desprazan cos seus pais por todo o territorio), e que sempre haxa algún funcionario presente na celebración de batidas ao xabarín se se realizan no lugar de cría do lobo. Son dúas medidas perfectamente viables tendo en conta que implican a protección e vixilancia de escasos 70 puntos concretos da nosa comunidade.

Ademais destas mortes ilegais, a solución da administración ante calquera conflito co gando é matar lobos, cando o número de lobos é un aspecto que ten moi pouco peso no volume de danos. Matando lobos non van diminuír os problemas, é máis, poden incrementalos. Se matas lobos, debilitas a familia, que terá máis dificultades ou a imposibilidade para alimentarse de presas silvestres. E nese intre, quizais o gando doméstico sexa unha opción máis viable.

A medida principal para evitar danos ao gando, é un manexo adecuado. Se o teu manexo é ter o gando só no monte, e ir unha vez á semana a velo, é posible que algunha vez teñas algún problema.  Os nosos avós eran pastores, sempre estaban co gando, tiñan cans para protexelo e recollíano polas noites. En calquera caso na nosa comunidade, e en calquera parte de España, os problemas dos gandeiros son outros, non o lobo.

P-Pensas que as administracións deberían desenvolver un labor didáctico  sobre o lobo entre os cidadáns...

R-Indubidablemente. Sobre o lobo fálase moito, incluso nos medios de comunicación, pero, e dígoo como crítica construtiva, sen rigor e sen basearse en datos obxectivos buscando máis un titular alarmista que información veraz. Anteriormente púxenlle números a cantas familias de lobos hai e ao volume de danos ao gando que teoricamente ocasionan. Pero o que lle chega aos cidadán a maior parte das veces vai máis na liña dunha superpoboación de lobos, ou que especie encabeza a apocalipse da gandería. Nada máis lonxe da realidade, e aos números me remito.

Aquí se cabe a administración, tal e como ten recollido no Plan de Xestión do Lobo, ten que ser quen lidere e empurre accións divulgativas para dar a coñecer ao verdadeiro lobo e o efecto altamente positivo que ten para o medio no que habita, e se deixe atrás dunha vez ao animal mítico de contos e fábulas.

Penso que a administración hai que empuxala cara o camiño correcto no caso concreto do lobo, e con calquera tema relacionado co medio ambiente. Semella que os problemas da fauna silvestre e do medio natural sempre poden agardar, pero esa non pode ser a norma.  Para iso fai falla que nós, os cidadáns, lles traslademos que os lobos son necesarios para a boa saúde do medio natural, que forman parte do noso patrimonio, e que temos que protexelos. 

Animo a calquera que teña interese na conservación do lobo a que colabore con nós. Cantos máis sexamos, máis altas e claras chegarán as nosas propostas ata os despachos da Xunta de Galicia.

Enlace ao Facebook de ACOPO AQUÍ

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

María Pose:”Hai que seguir traballando ao pe do canón"

 //O Partido Popular celebrou a súa cea anual coa vontade de seguir traballando por Santa Comba// Asistiu a portavoz a…

Ler máis
Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

Dos personas heridas en una salida de vía en Baíñas

//Aparatoso accidente esta madrugada en Baíñas con una persona herida de gravedad y otra de carácter leve// El coche …

Ler máis
Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre fallece en la costa de Caión

Un hombre falleció después de naufragar una pequeña embarcación en la que al parecer pescaba junto a una mujer a poc…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información