5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

«Somos unha opción plural, nacionalista e de esquerdas»

A coordenadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz ocupa o segundo posto na candidatura de En Marea pola provincia da Coruña. Pide o voto para esta coalición para rachar a “grande estafa” do PP. Define a esta opción como “plural, nacional e de esquerdas”. Conversamos con ela  en Adiante Galicia.

P-Semella que hai boas vibracions electorais.

R-Sí.Estamos transformando  a ilusion e a esperanza da xente. Cruzando Galicia estamos percibindo que a xente quere apoiar a esta ilusión que se chama En Marea.

P-¿Por onde habería que comezar a mudar as cousas?

R-Hai que priorizar nas persoas que sufrindo as consecuencias das políticas da austeridade. Hai 177.000 persoas en Galicia que non teñen ningún tipo de cobertura social.Hai 18.000 familias con fillos e fillas que teñen dificultades para facer tres comidas ó día. E de maneira secundaria queremos crear emprego e tecer unha rede de servizos públicos. Hai tamén que mudalas normas para que os suministros básicos como son a electricidade, a auga ou a calefacción,non se lles corte a ninguén por lei. Pero ademáis hai que atender outras cousas moi relevantes, como mudar a normativa dos autónomos que teñen un sistema abafante.

P- Entón esta crise que vivimos, poídose xestionar doutro xeito.

R-Esta é unha grandísima estafa unha crise que algúns están empregando para facer negocio. Recortáronse máis de 41.000 millóns de euros nas prestacións dos parados e paradas. Exactamente isto foi o que custou o rescate a banca. Queren instaurar o “precariado” ou o que se chaman traballadores probes.

Calquera servizo público do noso pais pode mellorarse tendo o persoal público nas debidas condicións.Hai que dotar de recursos ós servizos públicos.Hai centros de maiores que teñen restrinxido o uso de cueiros.

Hai que rachar coa onda de destruccion de emprego do Partido Popular. Feijóo desde que chegou ao goberno destuiu 185.000 postos de traballo. O Partido Popular privatizou os servizos públicos de emprego, quitou prestacións e destrúe emprego xustamente para conseguir o obxectivo de baixar os salarios. Hai que tomar medidas inmediatas como derogar a reforma laboral do PP pero tamén ao Partido Socialista.

P- ¿Pensas que podedes atraer a ese votante ubicado no nacionalismo de esquerdas?

R-Nós somos un proxecto nacional deste país. Somos galegos e galegas. Imos cunha candidatura strictu senso galega. Imos en Marea. Soubemos antepoñer os intereses da xente do común e amosar as nosas diferenzas.Imos atraer o voto de xente do nacionalismo porque saben que é a primera vez na historia que podemos acadar un grupo parlamentar propio.Espero que a xente que se sinta nacionalista lle dea a confianza a esta candidatura plural, nacionalista e de esquerdas.

P-Un motivo para votar a En Marea o 20 de decembro

R-O domingo 20 xogámonos algo tan importante como é a vida . E para defender a vida dos nosos fillos imos nós a conquistar en Marea a Moncloa.Non son unhas eleccións máis.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos