5.5 C
Santa Comba
sábado, diciembre 3, 2022

Angel Alvariño «Pensamos en mellorar a calidade de vida dos veciños de Neda»

Angel Alvariño Saavedra é o portavoz municipal do PSOE en Neda. Tamén é dirixente do sindicato Unións Agrarias.No 2011 obtivo uns excelentes resultados. O seu traballo tanto municipal coma no eido asociativo avala na súa alternativa política neste municipio de Ferrolterra.

X.M.Lema

P-¿Qué valoración fas do que levamos de lexislatura en Neda?

R-O proxecto socialista que  encabezei nas pasadas eleccións municipais afrontou con certo optimismo este mandato, dado que si  ben non gobernamos por un voto, debemos sinalar que subimos un concelleiro e votos, e intentamos en todo momento realizar propostas en positivas para o grupo de goberno.

Sin embargo, este, a pesar das promesas realizadas no seu programa electoral, e na prensa, así como o feito de ter “gobernos amigos” na Xunta, Deputación e Goberno Central, non chegaron a cumprir o 90% do seu programa, e o que é peor, infraestructuras como  a escola infantil que existía en Neda, desapareceu, o centro de día prometido como algo feito non existe,  as infraestructuras, etc:,  e o que é peor o gasto corriente foi un lastre que non se corrixeu, a pesar de que a Deputación lle permitiu minorar as inversións do POS en un 50 e na actualidade 60%, organizando diversas actividades que con o tempo se mostrou o seu fracaso, como a Feira Mediaval, Nadal ou recentemente Xuviño, donde o propio grupo recoñece que cada vez acude menos xente.

A esto debemos engadir que cando o Sr. Cabezón accedeu á alcaldía, por certo por TEGA, subiu o tipo impositivo do IBI e demáis impostos nun 40%, e que este ano subeu o valor catastral, por petición da Xunta de Goberno nun 10%, pretendendo que os inmobles de Neda teñan un valor que se acerque ó 50% do valor do mercado, coas conseguintes repercusións impositivas de IBI, subsidios, prestacións ou Plusvalías, que en este concello son del todo esaxeradas.

P-¿Cales serían os asuntos prioritarios para o PSOE se chega ao goberno?

R- O primeiro de todos, e  dada a precariedade económica á que nos levou este goberno,  disminuiríamos o gasto corriente, con anulación de eventos como a Feira Medieval ou Nadal;  eliminaríamos o gasto que supón a secretaria, a dedicación exclusiva, así como as percepcións que levan cada mes os concelleiros , que son del todo esaxeradas, case 400,00 Euros por cada comisión de delegados de área, facendo dúas cada mes.

A esto deberiamos engadir a necesidade de manter as infraestructuras viarias en condicións, dada a grave situación na que nos atopamos (en sete anos non se limparon as cunetas)  crear  na medida que se puidera, o Centro de Día,  e a Escola Infantil,  potenciar o servizo público, e en xeral todas aquelas medidas que conleven unha mellora na calidade de vida dos nosos veciños, e sobre

todo esto, incrementar de forma sustancias as axudas sociais, ó material didáctico, escolar, das persoas maiores e ás entidades veciñais, que tan boa labor fan no concello.

P-A verdade é que nas últimas eleccións  municipais houbo uns resultados moi axustados.¿Que perspectivas tendes de cara os vindeiros comicios?

R- Realmente un voto foi o que fixo que o Sr. Cabezón gobernase; Sin embargo tanto él como os demáis membros do grupo de goberno non entenderon a mensaxe, e de feito o PSOE de Neda, por un solo voto, foi a primeira forza en Neda, a pesar do contexto no que nos encontramos, nas últimas elección europeas, de ahí que seamos optimistas, e sempre pensando en mellorar a calidade de vida dos veciños, pero con impostos baixos, e non como na actualidade.

P-Ti tes unha experiencia acreditada a nivel asociativo.¿Crees que hai que mellorar as relacións coas entidades desde o concello?

 

R-Realmente un fracaso importante de este goberno, foi o de non coordinarse coas entidades veciñais, sendo o primeiro goberno da democracia que instou ás entidades a aboar a luz dos locais e prometendo compensacións; Sin embargo, vemos como as axudas que cada ano deben concederse pola importante labor que fan as mesmas, van con un ano de retraso, e de feito a día de hoxe ainda non se ingresou a do 2013, e non está preparada a convocatoria do 2014.

Por iso, consideramos establecer cauce directo e coordinado con todas as entidades,  con moita vida no noso concello, para  facer actividades formativas, informativas, e sociais, de forma que sean correa de transmisión en ambos sentidos entre o grupo de goberno e a sociedade, e que todas aquelas actuacións necesarias cheguen ós veciños tamén a través das mesmas e de estas ó goberno, con relacións directas e con periodicidade mensual.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
507SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos