5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Arden 13 autobuses nunha chaterrería de Arteixo

Incendio nunha chatarrería de Arteixo. O lume calcinou por completo 13 autobuses. Con todo, as construcións anexas non se viron danadas. Tampouco se viu afectada ningunha das casas próximas, a pesar da súa cercanía ao lugar do incendio.

As instalacións na que se produciron os feitos sitúanse na parroquia de Larín. O incendio declarouse contra as 14:45 horas desta tarde, segundo alertaba a Policía Local ao 112 Galicia. Os axentes indicaron que estaban a arder numerosos vehículos e que se escoitaban explosións.

Con estes datos, os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias informaron aos Bombeiros de Arteixo e aos de Carballo. Os Bombeiros da Coruña foron postos en alerta, aínda que non foron precisos. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil. O persoal de Urxencias Médicas tamén foi avisado, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención.

Fonte-Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos