7.1 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

A Laracha adxudica as axudas municipais á escolarización

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha acordou, na sesión ordinaria de hoxe, adxudicar as axudas municipais á escolarización aceptando a proposta da Comisión de Valoración, que durante as últimas semanas analizou e avaliou a totalidade das preto de setecentas solicitudes presentadas.

O Concello da Laracha destina a esta convocatoria 55.000 euros, partida contemplada nos orzamentos municipais. A dotación económica das becas para os alumnos de educación infantil será de 125 euros cada unha, 100 euros para os de educación primaria, secundaria obrigatoria e programas de garantía social, 180 euros para os estudantes de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior e 300 euros tanto para os que cursen estudos universitarios como para aqueles alumnos que requiran de necesidades educativas especiais.

O Concello da Laracha comunicará nos próximos días este acordo da Xunta de Goberno Local a todas as persoas beneficiaras, informándolles tamén da documentación que deberán achegar para xustificar a subvención municipal.Cabe lembrar que as axudas municipais á escolarización son compatibles coas bolsas doutras administracións e foron dirixidas a estudantes de calquera curso ou ciclo que estivesen empadroados no municipio.

A finalidade esencial da convocatoria de bolsas de estudos municipais é a concesión de axudas económicas ás familias ou directamente aos alumnos maiores de idade para atender os gastos orixinados polo comezo do curso escolar (material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados con el), facilitando, deste xeito, o proceso de formación como un elemento fundamental para o desenvolvemento persoal dos veciños da Laracha.

Na sesión de hoxe tamén foron concedidas nove licencias urbanísticas, das cales dous corresponderon a autorización municipal para a construción de vivendas unifamiliares.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos