10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Santa Comba celebra unha xornada sobre cooperativismo

O multiusos xalleiro acolle o vindeiro venres, 28 de outubro, unha xornada de cooperativismo organizada polos alumnos dun curso de microempresas que se desenvolve en Santa Comba.

A xornada será inaugurada as 9:50h pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez, e contará durante a mañá con distintas actividades como unha ponencia sobre comunicación, unha demostración a cargo do colectivo Vella Escola, que se dedica a promoción da cultura urbana mediante o breakdance, o graffiti ou o skateboard ou unha mesa redonda coa asistencia de Xan Ramos(Ganxabar, Forxabar, Juan M. Gómez(rede Eusumo) e outros. Tamén asistirá un representante do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Xunta de Galicia.

Os alumnos deste curso que dirixe o docente Francisco Bóveda organizaron distintas actividades, entre elas unha charla do director de Adiante Galicia, Xosé Manuel Lema, ou do responsable da empresa Bico de Xeado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos