5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Arden tres turismos no interior dun garaxe en Negreira

Os bombeiros de Santa Comba extinguiron esta madrugada un lume nun garaxe dun edificio, situado na Avenida de Santiago, na localidade de Negreira.O lume, só afectou a un dos garaxes dos dous que ten o edificio, e, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. Os efectivos de extinción informaron ao persoal do 112 Galicia que as lapas, arrasaran tres turismos na súa totalidade e ademais outros seis vehículos víronse afectados. Tamén a segunda planta do garaxe, as escaleiras do edificio e a porta dun trasteiro, se viron afectados.

Aínda que non había risco -por monóxido- para as persoas, segundo informaron os bombeiros, unha vez extinguido o lume e ventilado o edificio, cinco veciños puideron volver para as súas vivendas e outros dous decidiron pasar a noite fora do inmoble.O CAE 112 Galicia recibiu, sobre as 03:00 horas desta madrugada, a chamada de varios particulares que alertaban do suceso. Indicaban que estaban escoitando varios estoupidos no garaxe.

A partir de aí, decontado, pasouse aviso aos Bombeiros de Santa Comba e aos efectivos do GES de Brión. Tamén se informou á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Negreira. Do mesmo xeito, alertouse a Urxencias Médicas xa que un dos alertantes indicou que no cuarto andar había xente que, polo fume, non podía abandonar as vivendas. Afortunadamente, os bombeiros comunicaron que os veciños do cuarto piso estaban ben e tampouco a vivenda se vira afectada.

Ao redor das 06:30 horas, os bombeiros comunicaron que o lume quedara totalmente extinguido.

Fonte-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos