5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Roubo de cobre no concello de Curtis

O Concello de Curtis presentou unha denuncia ante a Garda Civil polo roubo de 1.700 metros do cable de cobre da rede de terra da iluminación pública das marxes da Avenida de Castilla e da Avenida Buenos Aires de Teixeiro. Desde o concello sospeitan que o roubo puido realizarse durante o día, con persoas utilizando o uniforme dalgunha compañía eléctrica.Descoñécese a data do roubo porque a subtracción non afectou ao abastecemento.

Desde o goberno local pídese a máxima colaboración veciñal e tamén da Garda Civil para que se poidan esclarecer os feitos. O concello vai restituír o cableado polo perigo que supón a actual situación. Calculan que o custe da reposición ascende a 6.000 euros.Fontes municipais lembran que fai dúas semanas denunciouse o roubo de parte da varanda da Ponte do Arco. Neste caso a colaboración veciñal impediu que os danos foran maiores. No mes de agosto, os almacéns municipais tamén sufriron o roubo de material, maquinaria e dun vehículo todoterreo. As perdas totais superaron os 15.000 euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos