8.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Campaña de desbroce na Laracha

No Concello da Laracha estanse desenvolvendo as últimas actuacións da campaña de desbroce nas cunetas das vías de titularidade municipal que se leva a cabo cada ano durante o verán e o inicio do outono co obxectivo de eliminar a vexetación herbácea nas marxes para frear o seu crecemento, facilitar a visibilidade dos condutores e peóns e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público nas estradas.

Actualmente están xa completados o noventa por cento dos traballos previstos, restando unicamente por desenvolverse puntos de actuación nas parroquias de Soandres, Montemaior, Lestón, Coiro e Golmar, que en todos os casos se realizarán antes de que remate o mes de outubro.

Ademais, as vías nas que están proxectadas obras de mellora da superficie de rodadura (e, nalgúns casos, ampliacións) e que se executarán nas próximas semanas, tamén inclúen unha limpeza integral das cunetas.

Na campaña de desbroce o Concello da Laracha inviste máis de 75.000 euros para o desenvolvemento destas actuacións na rede viaria municipal, que alcanza en total os 642 quilómetros de estradas para comunicar os máis de trescentos núcleos de poboación que existen no termo municipal da Laracha.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos