//Tres días con múltiples actividades deportivas en Santa Comba// Organiza o colectivo Deporte e Vida Activa co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración do concello de Santa Comba// 17,18 e 24 de setembro//
Xa está aquí a segunda edición de “Deporte na rúa”, unha actividade organizada polo grupo informal Deporte e Vida Activa en Santa Comba, promovida dentro do programa Iniciativa Xove 2016 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e que conta coa colaboración do concello de Santa Comba.
Torneos deportivos, xogos tradicionais e inchables
As actividades desenvolveranse no Campo da Feira de Santa Comba e comenzarán este sábado 17 de setembro(10:00h) cun torneo de fútbol 3X3. Pola tarde haberá torneos de basket 3X3 e volei 3×3, así como xogos tradicionais, un torneo de chave, unha máster class de zumba e inchables para os nenos.
Andaina, carreira pedestre e duatlón
O domingo, 18 de setembro, haberá desde as 9h, unha andaina para tódalas idades de 8 km de distancia. E desde as 10h terá lugar o 1º Trail “Terra do Xallas” en dúas categorías, unha de 14 km e outra de 27km.Xa o sábado 24 de setembro, celebrarase a II Carreira pedestre e o primeiro duatlón “Deporte de Vida Activa”.Desde as 15:30h habendo distintas categorías.Está prevista a participación de medio milleiro de persoas despois do éxito organizativo do ano anterior.
Para obter máis información.Omix Santa Comba 981818710– ou por whatsapp 662027833-620748559. Ou tamén no Facebook do colectivo Deporte e Vida Activa Santa Comba.