3013 fans     1094 seguidores     33 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Orange Santa Comba
Formula Hit

O Xallas FC volve gañar a Copa da Costa

O Xallas FC volve gañar a Copa da Costa

Deportes | Publicada: 25/06/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
233
9
0

Email Google+ Pinterest Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 27 segundos.

O cancerbeiro Julián Couto foi o auténtico protagonista// Partido igualado con vento// Resolveuse na quenda de penaltis//

O club de Santa Comba consegue o título nunha quenda de penaltis onde o Soneira fallou tres lanzamentos consecutivos.

Soneira-0- Xallas-0-(Na tanda de penaltis 0-3)

Xallas-Julián,Christian(Rachón min 118), Óscar, Pablo Novo, Martín Barreiro(Víctor Vecino min 105), Varela(Camilo min67), Canedo, Doro,Kevin, Jesús, e Marcos(Anxo min 74).

Soneira-Anxo, Figueroa, Brais Mouzo, Jota (Alberto min32), Aarón, Sandelo(Mayor min 80), De la Sierra(Fran Urroa95), Richi,Basti, Javi, Vía Rápida(Nazo min 74).

Árbitro:Eduardo Rodríguez Penas. Amonestó a Camilo y Canedo. Campo Pena de Ouro-Pino do Val- Mazaricos.

foto-José Martínez Sandín

O Xallas sumou unha nova Copa da Costa nun partido igualado que terminou sen goles despois de 120 minutos de xogo marcados polo vento, o frío e o respecto entre ambos os clubs.Houbo reparto de ocasións nun encontro que tivo como destacado ao porteiro do Xallas, Julián, que desbaratou varias ocasións rivais e detivo o primeiro dos penaltis decisivos.

No primeiro acto, Doro gozou da primeira ocasión clara, e o vimiancés Richi non tardou en responder. Pero sería no minuto 29 cando un balón de Kevin iríase ao pau, e Julián evitaría o gol nun dobre remate de Javi Souto. O Soneira perdía a Jota, lesionado no minuto 32 aproximadamente.

Con dous equipos levando o temón do partido por tempos e con vixilancias mutuas, Jesús enviou un tiro ao poste na continuación do encontro. Volveu tentalo minutos máis tarde Richi pero volveu atopar con Julián.Outra das grandes oportunidades estivo nas botas do “Tigre de Bazar” Doro que non culminou un man a man co gardameta Anxo. Richi e Javi sumaban máis ocasións, pero sen froito.

No tempo da prórroga os equipos estaban excasos de carburante aínda que quizais cun pouco máis de reservas o Soneira. O camariñán Nazo achegaba frescura e rapidez. Julián despexou un tiro de Figueroa e os minutos pasaron sen resolver a contenda.

Ao final desde o punto de penalti, o Xallas obtivo a recompensa. O gran Julián paraba o lanzamento de Maior, Jesús batía a Anxo. Richi disparaba alto e Oscarín anotaba o segundo. Javi Souto tampouco acertaba no terceiro, e Rachón pechaba a quenda co terceiro acerto para un Xallas que leva un novo trofeo para as súas vitrinas, xusto no ano que celebraba as súas vodas de ouro como entidade. O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán entregou a copa ao capitán Doro. O ano pasado o Xallas tamén a gañara.

Foto Portada arquivo- Perfil Facebook Xallas

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

Santa Comba celebra o X concurso de escaparates no Nadal

//A asociación de empresarios desenvolve unha campaña de promoción do comercio local co sorteo de 1.000 costavales e …

Ler máis
Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Irregularidades en la seguridad privada de la mina de Varilongo

Las denuncias del sindicato USO derivan en sendos expedientes sancionadores  a dos empresas por la seguridad privada en…

Ler máis
AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

AGAFAN pide los ayuntamientos apoyo para las familias numerosas

//La asociación está presentando un decálogo de medidas a los ayuntamientos para que no se penalice a las familias nu…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Merca o teu pobo Santa Comba Nadal 2016
DAC Outono Cultural
Mantido S.L. Construcciones y Obras Públicas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Os servidores de Putin

Daniel Lago

A última nova do que acontece nesta guerra “híbrida” é o back-up dos telemóveis chineses, de milhares de dados de utentes ocidentais, não é …

Daniel Lago
Ler máis

Presupuestos Participativos de la Marea, un “éxito”

Nacho Louro

El invento de los “presupuestos participativos” no es más que un brindis al sol de la nueva política populista para vendernos que frente al sist…

Nacho Louro
Ler máis

Raro o rato chorar a morte do gato

Daniel Lago

Quando em fins dos ´80 do século passado, a URSS colapsou; e com ela todo o bloco do Leste da Europa; esta estava no médio de uma forte tormenta ec…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información