7.3 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Os paus evitan o empate do Sofán ante un serio Cordeiro

Unha mala primeira parte do Sofán e os paus propiciaron que un serio Cordeiro se levase os tres puntos do Carral para seguir enganchado ao tren de cabeza.

David Castro (@DavidCastro27)

SD Sofán 0 – 1 Cordeiro CF

SD Sofán: David, Sito (Álex Varela m.81), Adrián, Félix, Rubén, Seo (Xuko m.62), Felipe, Luis (Javi Doldán m.54), Iván Rey, Raúl Insua (Fran m.46) e Raúl.

Cordeiro CF: Diego, Taibo (Gabriel m.81), Damián, Álex, Crego, David (Juanillo m.), Chiño, Manuel Ángel, Gabriel (Valero m.85), Manu (Modaño m.75) e Juanito.

Goles: 0-1 m.27: Manu.

Árbitro: Eric Vázquez Veiras (Colexio coruñés). Estuvo ben. Expulsou a Juanito no minuto 83 por dobre amonestación.

Campo: O Carral (Sofán). Uns 200 espectadores.

Desaparecido estivo o Sofán durante toda a primeira metade ante un serio Cordeiro que chegou saltou ao Carral coas ideas moi claras e que contou con varias ocasións para abrir o marcador.

No primeiro minuto, o gardameta local David xa tivo que intervir para evitar o gol no man a man con Manuel Ángel, quen se prantou ante o porteiro tras un gran pase de Chiño.

Pouco despois disto, David tería que empregarse a fondo para atallar un disparo cruzado de Gabriel. 

O Cordeiro era o que chegaba á área rival e tamén o que levaba o control do partido ante un Sofán que se mostraba moi incómodo sobre o terreo de xogo.

Mediada esta primeira metade, os visitantes volvían a mostrar as súas intencións cun disparo lonxano de Chiño que se envenenaba ao botar no céspede e que obrigaba a David a intervir para mandar o esférico a córner.

E tras este aviso, chegaría o 0-1 logo de que Manu, libre de marca, cabecease un saque de esquina botado por Manuel Ángel, resultado co que se chegaría ao tempo de lecer e que facía xustiza ao que se estaba vendo sobre o verde.

Na reanudación, o Cordeiro dedicouse a defender o resultado cunha gran seriedade defensiva, algo que aproveitou o cadro local para acercarse á área rival.

No minuto 55, chegaría o primeiro disparo a porta do equipo de Josito logo de que Raúl se sacase da manga unha volea que non se convertiu en gol grazas a Diego e ao longueiro.

Pero non sería ata o tramo final do encontro cando o Sofán daría un paso á fronte para buscar con insistencia o gol do empate. Os primeiros avisos daríanos Adrián e Sito pero Diego atallaría en dous tempos o disparo do primeiro mentres que o do segundo marcharíase desviado por pouco.

A falta de nove minutos para que se cumplise o tempo reglamentario chegaría a ocasión máis clara do encontro para o cadro sofanista nunha transición rápida pero o remate de Xuko sería rexeitado polo pau cando se cantaba o gol, na continuación da xogada Diego evitaría que o remate de Javi Doldán acabase no fondo das mallas e no rexeite do gardameta, o colexiado anularía o gol de Xuko por fóra de xogo.

O Sofán xogou con un xogador máis dende o minuto 83, algo que propiciou que os homes de Josito se lanzasen polo empate con máis insistencia pero o pau cruzaríase de novo no camiño dos locais para evitar que un cabezazo se convertise no gol da igualada cando pasaba un minuto por riba do tempo reglamentario.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos